Teatro escolar

Obras representadas

Ano 2008: Zapping

 

- “A arroutada de Tom Walter” de Enrique Jardiel Poncela

- “A fablilla do segredo ben gardado” de Alejandro Casona

- “O ciridonio” de Manuel García Barros

 

(20 de xuño de 2008)

 

Ano 2009: Por que lle chaman amor cando queren dicir sexo?

 

-        Presentación  

-        “Ramón” de Sergi Belbel 

-        “Estudo en branco e negro” de Virgilio Piñera

-        “Amor e crimes de Juan Pantera” de Eduardo Blanco Amor

-        “O lagarto” de F. Morales Lomas

-        “A tediosa e breve escena do xoven Píramo e Tisbe, a súa namorada” de William Shakespeare (fragmento de O soño dunha noite de vran)

-        “Entreacto de O enfermo imaxinario” de Moliere

 

( 23 de xuño de 2009)

 

Ano 2010: Bufonadas

- “Epitafio” de Jorge Díaz

- “Agosto” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

- “Aguda espina dourada” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

-  “Unha verdadeira mártir” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

- “Cartas de amor a Mary” de Alonso de Santos e Javier Tomeo

- “Entre colegas” de Jose Luis Alonso de Santos (Cuadros de amor y humor)

- “En familia” de Jacques Prévert

- “Retablillo de don Cristóbal” de Federico García Lorca

 

( 23 de xuño de 2010)

 

Ano 2011: Mutacións

- “A Metamorfose” de F. Kafka (inicio)

- “Con saias e a rachar” de B. Wilder (fragmento)

- “Historias Mínimas” de Javier Tomeo (microrrelatos)

- “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao (Planto de Saturio)

- “O seguinte” de Terrrence Mcnally (adaptación)

- “A Fábula Humana” (autor desconocido, extraída de internet)

- “Bos días, señor doutor” de J.L. Alonso de Santos

 

(13 de maio de 2011)

 

Ano 2012

-        “A última” de Fernando Almena

-        “O espectáculo máis grande da terra” (Anónimo)

-        “Drácula” de Bram Stoker (adaptación da película)

-        “Epílogo sangrento” (creación propia)

 

(16 de maio de 2012)

 

Ano 2013: Roberto Uve Be

-“Animaliños” de Roberto Vidal Bolaño (Fragmentos)

-“Oé Oé Oé” de Maxi Rodríguez (Fragmentos)

-“Saxo Tenor” de Roberto Vidal Bolaño (Fragmentos)

- “Ladaíñas por Laudamuco, Señor de Ningures”: fusión de fragmentos de “Ladaíñas pola morte do Meco” e “Laudamuco, Señor de Ningures” de Roberto Vidal Bolaño.

 

(31 de maio de 2013)

 

Ano 2014: Teatro Popular Galego 2.0.

-“As comédeas” de Xabier Prado Lameiro?

-Campesiños e señoritos” de Alfonso R. Castelao

-“A tía Lambida” de Eduardo Blanco Amor

-“Os trasacordos de Mingos” de Xabier Prado Lameiro

-“Estebiño” de Xabier Prado Lameiro

 

(19 de xuño de 2014)

 

Ano 2015: As frechas do amor

-“O parque dos solteiróns” de José Cedena

- “O guateque do meu curmán” de José Cedena

- “O parque dos solteiróns” de José Cedena

- “A escola de don Silvestre” de José Cedena

 

(19 de xuño de 2015)

 

Ano 2016

-        -“A tediosa e breve escena do xoven Píramo e Tisbe, a súa namorada” de William Shakespeare (fragmento de O soño dunha noite de vran)

-        “Cartas de amor a Mary” de Alonso de Santos e Javier Tomeo

-        “En familia” de Jacques Prévert

-        “Estudo en branco e negro” de Virgilio Piñera

-        “Peixes arredor da ponte” (diversas obras de Javier Tomeo)

(22 de xuño de 2016) 

 

Ano 2017

-“A galiña azul” de Carlos Casares. 1, 2 e 23 de xuño. 10 representacións.

-“As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares. 7 e 23 de xuño.

-“Pedro e o capitán” de Mario Benedetti.

-“A matanza dos inocentes” de Darío Fo.

-“A muller soa” de Darío Fo.

(23 de xuño de 2017)

 

Ano 2018

-“A princesa e o labrego” de Raquel Castro Martínez. (Grupo de profes) Representada o 18 de xuño de 2018.

 -“Río Bravo” de Chévere. (21 de xuño de 2018)

Mutis polo foro, un pouco de historia

 

 

Durante o curso 2007/08 constitúese no IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas un grupo de teatro con alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, finalmente serán invitados algúns alumnos de primeiro.  Dende o primeiro momento os seus coordinadores teñen claros os principios que rexirán o grupo de teatro: intentar que participen o maior  número posible de alumnos/as para fomentar entre eles as virtudes que ofrece o xénero dramático; para acadar ese obxectivo decídese escoller pequenos textos que faciliten a súa preparación e así poder asumir o reto de levar adiante este proxecto para o que prácticamente só se dispoñe dos recreos. Este primeiro ano represéntanse tres textos. Cada ano procúrase vertebrar os diferentes textos, de distintas procedencias  lingüísticas e estilísticas, para que a representación final acade certa unidade. Por suposto, sempre representamos en galego.

 

No curso 2008/09 ampliase a oportunidade de participar no grupo de teatro a todo o alumnado do instituto, véndonos ese ano un pouco desbordados: máis de coarenta alumnos participan ese ano na representación de fin de curso.

 

 

No ano 2010 o grupo de teatro é bautizado co nome de “Mutis polo foro” chégando a representar oito textos dramáticos pese a reducir a participación a 2º, 3º e 4º. O grupo de teatro consolídase ano a ano producíndose continuidade na maioría do alumnado participante, mellorando moito o nivel dramático cada curso que pasa.

 

 

No curso 2010/11, reducindo a participación ao alumnado de 3º e 4º, chegan a participar preto de 30 alumnos/as. Participamos por primeira vez nos premios de teatro escolar Buero Vallejo por primeira vez, e adiantamos, por primeira vez, a representación a mediados do mes de maio para facela coincidir coa celebración das Letras Galegas.

 

 

No ano 2012 (16 de maio) tomamos como punto de partida o sangue e outras variantes líquidas, así a obra central foi unha versión do clásico “Drácula” de Bram Stoker a partir da adaptación fílmica. Outras obras xiraron arredor do sangue e os efectos nocivos da bebida.

 

 

 

No ano 2013 adicamos a representación ao autor homenaxeado nas Letras Galegas: Roberto Vidal Bolaño. Adaptamos distintas obras súas. Como ese curso un dos obxectivos do centro era a música facemos a representación con música em directo: flautas, saxo e gaitas acompañan a representación dramática.

 

 

No curso 2014 tentamos fusionar pasado e futuro, os tempos remotos do teatro popular galego de principios do século XX coas novas tecnoloxías da sociedade actual. Unha revisión do pasado dende ollos actuais, aplicándolle a unha mirada de móbiles e tabletas. Castelao, Blanco-Amor, Xabier Prado Lameiro, o seu teatro popular, adaptado ao século XXI. Rematamos coa proxección dunha curtametraxe protagonizada por profes baseada nunha obra de Prado Lameiro.

 

O 19 de xuño de 2015 representamos “As frechas do amor” a partir de catro textos do autor José Cedena. Dámoslle continuidade ao teatro popular iniciado no curso pasado, aínda que neste caso dun dramaturgo castelán contemporáneo.

 

O 22 de xuño de 2016 tivo lugar a correspondente actuación, neste caso recuperando algúns dos textos que xa representaramos anos antes, e que foran dos que máis gustaran ao noso público. Combionouse dramaturxia inglesa da man de Shakespeare, cun autor francés como Jacques Prévert e maioritariamente textos escritos en castelán como os de Alonso de Santos,  Javier Tomeo e o cubano Virgilio Piñera. Todos por suposto traducidos ao galego.

 

 

No 2017, no que se dedicaron as Letras Galegas a Carlos Casares,  temos que destacar a colaboración co Club de Lectura co que preparamos conxuntamente unha adaptación das súas obras infantiles “A galiña azul” e “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, para ser representadas polos colexios de Salceda. Concretamente a primeira foi representada duarante os días 1 e 2 de xuño no Cra Raíña Aragonta e por catro (Budiño, Picoña, Barreiro e Parderrubias) das Unitarias; por outra banda “As laranxas...” foron representadas o 7 de xuño no salón de actos do instituto para o alumnado de 6º de primaria do colexio Altamira.  O 23 de xuño baixo o título “O xogo da guerra” representáronse para todo o alumnado do instituto xunto ás obras que preparou o grupo de Mutis polo foro: dúas obras de Darío Fo e unha de Mario Benedetti. A violencia machista, as consecuencias do autoritarismo político e o integrismo relixioso marcaron a temática destas obras.

 

No ano 2018 son varias as novidades: por un lado iníciase un grupo de teatro de profes que representan  “A princesa e o labrego” de Raquel Castro Martínez. E por outro o grupo de alumnos céntrase por primeira vez nunha única obra, “Río Bravo” de Chévere, o que supón un novo desafío para Mutis polo foro xa que ao longo de todos estes anos, por cuestións organizativas, preferíanse obras curtas.

Pantasmas, vampiros e outros seres

Os alumnos/as que forman parte do grupo de teatro Mutis polo Foro atrevéronse cunha representación de Drácula, na que o terror mezclábase co humor; ademais representouse a obra de Fernando Almena "A última" na que os actores protagonizan unha tráxica noite de marcha; todo iso foi acompañado do mundo circense co "espectáculo máis grande da terra", obra anónima, que encheu de ledicia o salón de actos. Un ano máis, éxito total dos nosos actores, actrices.

Pantasmas, vampiros e outros seres

Powered by Drupal - Design by artinet