2012/13

ONDA RAIA: Programa especial día internacional da MULLER.

Un ano máis commemoramos o día internacional da muller con moitas actividades no centro. E un ano máis queremos homenaxear a todas as mulleres dende os micros de Onda Raia.

Un grupo de alumnas/os de 4º ESO poñen voz para reivindicar a igualdade de xénero en todos os aspectos da nosa sociedade.

Conversan e entrevistan a unha muller que temos moi cerca de nós. Irma, Orientadora do noso centro.

Aí vai!

Especial Entroido

O entroido salcedense en Onda Raia. Un programa "entroidano", onde desenmascaramos o que hai detrás de cada comparsa e carroza. Algúns alumnos/as do IES Pedras Rubias nolo contan a ritmo de carnaval.

Unha data máxica para Salceda, unha actividade lúdica, divertida e na que non queda ninguén que non disfrute cada minuto desta festa na que os libros deixan de ser os protagonistas.

 

Celso Emilio Ferreiro 12/12/12

O pasado día 12 de decembro ás 12 da mañá, o alumnado que forma parte do club de lectura e dos MQs reuniuse na biblioteca para recitar o poema "Deitado frente ao mar", sumándose así á iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e  Dinamización Lingüística para celebrar o 100 aniversario do nacemento en Celanova de Celso Emilio Ferreiro.

Tamén len, en xaneiro... con Sara Hermida

O xoves 24 visitounos Sara Hermida, unha benquerida exalumna e fantástica lectora, que fixo desta sesión do Tamén len toda unha declaración de principios ao elixir compartir con nós o discurso que Steve Jobs dera na Universidade de Stanford.


Traducción ao galego feita por Sara Hermida

Tamén len, en xaneiro... con Sara Hermida

krsjvtmjid

Tamén len, en decembro... con Javier Costas | IES Pedras Rubias
akrsjvtmjid
krsjvtmjid http://www.gf84o132g0g2vrsm8jvs6l2jl51293w8s.org/
[url=http://www.gf84o132g0g2vrsm8jvs6l2jl51293w8s.org/]ukrsjvtmjid[/url]

krsjvtmjid

Programa Onda raia- especial AID

Un grupo de alumnos/as de 1º ESO fan un especial de Rap, elixindo neste caso a unha rapeira que estivo no noso instituto hai pouco. Aid, artista e compositora de hip-hop. Presentan o seu último disco, RAPOEMAS, poesía galega a ritmo de rap. Tradición e modernidade con forza, frescura e actualidade.

Entroido 2013: clasificación

Un venres máis de Entroido o instituto implicouse na celebración desta data tan celebrada en Salceda. Os profes non faltaron a súa cita, esta vez, tocou "pitufos e pitufinas".

A clasificación de comparsas dos rapaces quedou do seguinte xeito:

 

ENTROIDO 2013
CLASIFICACIÓN
NÚMERO NOME PUNTUACIÓN
1 SHREK 94
2 OS SIMPSON 91
3 PEACE AND LOVE 00
4 MILICIA GALEGA 87
5 PETER PAN 71
6 SEÑOR DOS ANEIS 56
7 INDIOS DE SALCEDA 52
8 ZOMBIES 31
9 JAGUALLANAS 30
Entroido 2013: clasificación

Xesús Presa fala de Manuel Pérez y Pérez

Xesús Presa Vaqueiro, escritor e divulgador da “intrahistoria” local, especialmente a través do seu blog http://largandolastreyletras.blogspot.com, rescatou do esquecemento ao escritor Manuel Pérez y Pérez, natural de Budiño (Salceda) emigrou moi novo a sudamericana como tantos galegos a finais do século XIX e alí escribiu nos mellores xornais de Arxentina e Brasil, ademais de publicar múltiples relatos e artigos de prensa escribiu varias novelas e un ampla obra poética. Xesús Presa rescatou do esquecemento a este escritor nun libro publicado hai un par de anos. Dende o departamento de Lingua Castelá convidamos a Xesús Presa a que nos visitara e nos falara de Manuel Pérez, quen escribiu a maior parte da súa obra en castelán, intentando revitalizar e dar a coñecer a este escritor  entre a xuventude de Salceda. A charla tivo lugar o martes 29 de xaneiro.

 

Tamén podes escoitar só o audio:


Xesús Presa fala de Manuel Pérez y Pérez

Programa presentación Onda Raia curso 12-13

Os alumnos/as de 1º ESO preséntannos a nova programación do curso 2012-2013 de Onda Raia.

A música nas ondas radiofónicas

Un dos obxectivos principais este curso do IES Pedras Rubias é a música.

Dende Onda Raia queremos ser un alicerce neste sentido levando a música dos programas e os contidos da programación a través das notas musicais.

Cantantes, grupos, instrumentos, xente que se dedica á música, que ten inquietudes musicais, música na sociedade, a música dos nenos/as, no día a día. Música nos xogos, nos traballos, tradicionais,clasicas, lexendarias,  modernas, variadas... un mundo que nos levará de viaxe a través das ondas radiofónicas de Onda Raia e das voces dos nosos alumnos/as.

Disfrutade!

Powered by Drupal - Design by artinet