2019/20

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o día das Bibliotecas, o xoves 24 de outubro durante o recreo na biblioteca léronse varios poemas (Ferrol 1916, Reticencias, Se Avalon ou a illa das mazás, Verdadeiro poeta foi María Silencio) e dous fragmentos (“Francisco” e “Aurelia”) da obra en prosa Scórpio de Ricardo Carballo Calero, autor ao que se lle han dedicar as Letras Galegas 2020.

 

As lecturas realizáronas de forma voluntaria os seguintes alumnos/as:

1ºA: David Lemos e Jennyfer Rueda.

1ºC: María Bernárdez, Guillermo Álvarez, Ana Crespo, Ainhoa Sousa e Marc del Río.

1ºD: Izan Martínez, Antón Lemos, Pablo González, Raúl Fernández e Ylenia Acuña

2ºD: Nerea Guzmán e Rubén Álvarez

3ºA: Sara Usera e Iván Fernández

3ºC: Aldara Rocha e Hugo Puga

4ºA: Sara Castro e Rocío González

4ºB: Jénnifer Pousada e Leimy T. Duarte

 

Moitas grazas pola vosa participación e facer posible este fermoso acto!

EDDLG principal.png

Luns polo clima

O luns 23 de setembro, dentro das iniciativas da Semana polo clima tivo lugar un minuto de silencio entre todos os integrantes do instituto, no Souto, para concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta.

 

Powered by Drupal - Design by artinet