Complementarias e extraescolares

Teatro en defensa da nosa língua

O xoves 24 de novembro asistimos no Auditorio do Concello á representación teatral de "Pelos na Língua" pola compañía Talía Teatro, puidendo disfrutar dunha obra divertida ao tempo que o noso alumnado se concienciaba da importancia de defender a nosa Língua.

Teatro en defensa da nosa língua

Camiñando cara Santiago...

O 24 e 25 de outubro os alumnos/as de 3ª da ESO fixeron dúas etapas do camiño francés, e aínda que o tempo non axudou moito, como podemos comprobar na foto, eles conseguiron chegar... e aínda tiveron tempo e ánimo de subir ás cubertas da Catedral.

Camiñando cara Santiago...

Charla sobre acoso escolar

O luns 4 de abril os alumnos de 1º e 2º da ESO recibiron unha charla por parte dunha policía xudicial sobre as consecuencias legais do acoso escolar.

Charla sobre acoso escolar

Entroido 2011

Éxito absoluto de todas as comparsas deste ano: colorido, animación, orixinalidade en todas elas. Pero sempre ten que gañar algunha, aí vai a clasificación final:

Achegámonos a obra do artista galego Pedro Solveira

O xoves 2 de decembro, organizado polos departamentos de Ciencias Sociais e Tecnoloxía, os alumnos/as de 2ª da ESO tiveron o privilexio de recorrer a última exposición de Pedro Solveira na Casa das Artes de Vigo en compañía do propio artista.

(Foto do cuadro tomada da páxina web oficial do artista: www.pedrosolveira.com)

Achegámonos a obra do artista galego Pedro Solveira

Os alumnos/as de 4º da ESO visitan os Pazos de Salceda

O luns 22 de novembro os alumnos de 4º da ESO fixeron un percorrido polos Pazos de Salceda: Aballe, Pegullal e a Casa Grande da Picoña (na foto). Os seus pazos son  a maior riqueza arquitectónica do Concello, e para iso contaron cun dos seus mellores coñecedores, don Español, o gran mestre de matemáticas, que tantos anos adicou aos números pero tamén a coñecer o seu Concello.

Os alumnos/as de 4º da ESO visitan os Pazos de Salceda

Powered by Drupal - Design by artinet