Ciencias Sociais

Visita aos Pazos de Salceda

                          

Un ano máis visitamos os fermosos Pazos de Salceda para divulgar entre o noso alumnado o coñecemento destas xoias arquitectónicas que hai no concello de Salceda de Caselas.

Pazos de Salceda

Homenaxe aos Mártires de Sobredo

O luns 28 de novembro de 2012 os alumnos/as do IES Pedras Rubias de Salceda e dos institutos de Tui, Indalecio Prieto e Sampaio, celebraron a súa homenaxe anual aos mártires de Sobredo cun recital poético e unha ofrenda floral. Este ano cúmprense 90 anos dos feitos.

Visita a Tui

Os alumnos/as de 2º da ESO remataron as súas saídas escolares deste curso coa tradicional visita a Tui onde fixeron un percorrido polas súas rúas, prestando especial atención a Catedral. Serviulles para aprender moito sobre estas rúas que lles son tan familiares.

Visita a Tui

Centro de Interpretación de Campolameiro

Despois de pospola en varias ocacións pola chuvia, finalmente, o xoves 3 de maio os alumnos/as de 1º da ESO visitaron o centro de Interpretación de Campolameiro para disfrutar da arqueoloxía e da arte rupestre. Viaxando ao noso pasado máis remoto.

Centro de Interpretación de Campolameiro

Petroglifos de Tourón

O 11 de maio os alumnos/as de 1º de ESO viaxaron a tempos remotos para coñecer, da man dos profes de CCSS, os petroglifos de Tourón.

Petroglifos de Tourón

Porto de Vigo

Os alumnos de 3º de ESO visitaron os días 3 e 4 de maio o Porto de Vigo, acompañados polos profes de CCSS e Tecnoloxía para coñecer de preto un dos portos máis importantes de España.

Porto de Vigo

A crise, lembranzas do curso 09/10

 

Vídeo realizado polos alumnos/as de cuarto da ESO do curso pasado, coordinados polo departamento de CCSS, especialmente polo profesor Lois, onde se recolle a opinión de distintas persoas sobre este tema que, desgraciadamente, segue de actualidade.

Relación de materias do Departamento

Xeografía e Historia

1º ESO: Celia Bugarín e Marcos Chaves

2º ESO: Celia Bugarín

3º ESO: Alexandre Martínez

4º ESO: Paula Pérez de Mendiguren e Marcos Chaves

Historia do Mundo Contemporáneo

1º Bach: Alexandre Martínez

Valores Éticos

2ºESO: Alexandre Martínez

3ºESO: Marcos Chaves

Integrantes do Departamento

Curso 2023/2024

- Celia Bugarín Pereira (X. Depto)

- Alexandre Martínez Ramiro

- Paula Pérez de Mendiguren Martínez

- Alejandro Dadas Sánchez Valcarce

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet