Lingua Galega

ENCONTRO CO ESCRITOR CARLOS MEIXIDE

Como peche da 2ª avaliación, o 7 de abril tivo lugar un encontro entre o escritor Carlos Meixide, autor da serie "Os cinco de Ons", e o alumnado de 2º e 3º de ESO. O acto tivo lugar no Auditorio Municipal do concello.

Aproveitando que o tempo acompañaba, fíxose o percorrido a pé e así deuse por inaugurada a senda peonil de Parderrubias ao núcleo da vila.

 

O alumnado puido afondar nas obras xa lidas (Ons, Cans e Guitiriz) así como coñecer de primeira man como será a última que pechará a serie e se desenvolverá en Portugal.

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

No mes de marzo a participación no concurso de relato curto resultou moi escasa, seguramente debido á saturación polos exames que desta volta houbo que adiantar.

En todo caso, puidemos contar cun fermoso relato obra de Lucía Fernández Gándara, alumna que nunca falla e que sempre está á altura. Parabéns!

Se o queres ler, podes facelo premendo en:

2º B

Noraboa e a ver se abril vén máis cargado de relatos!

EDDLG principal.png

V Certame de Microrrelatos

No Departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Pedras Rubias seguimos a fomentar a creatividade no alumnado, a estimular o uso do galego e a facilitar a posibilidade de publicación a novos creadores.

Por este motivo animamos ao noso alumnado a que participe en todos os concursos que se convocan, sexan internos do propio instituto ou externos.

Nesta ocasión dúas alumnos de 3º de ESO, Naira Martínez e Ainhoa Sousa, presentáronse ao V Certame de microrrelatos convocado por Puntogal e a Real Academia Galega.

Estamos moi agradecidos pola súa participación e agardamos que teñan moito éxito.

V Certame de Microrrelatos

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Metidos no mes de marzo e a voltas co Día da Muller, publicamos os relatos gañadores do mes de febreiro.

Se queres ler os que resultaron gañadores, podes facelo premendo no curso correspondente:

1º D

2º B

3º B

3º C

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro cómprense 185 anos do  nacemento de Rosalía de Castro, un dos piares imprescindibles no Rexurdimento poético da nosa lingua e para celebralo  faremos unha homenaxe a través dun Concurso Artístico de Creación Propia.

 

Para a elaboración destas creacións partiremos de textos que teñen como temática común a emigración, deste xeito uniremos a Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas, e a Rosalía de castro.

TIPOS DE CREACIÓNS:

· Haikus, catro composicións.

· Un cómic, máximo 3 folios a unha cara.

· Relato, máximo unha cara dun folio.

· Peza de teatro breve, dous folios a unha cara.

· Debuxo, un folio ou unha lámina.

· Un colaxe, un folio.

· Calquera traballo manual que estea relacionada co tema elixido.

PRAZO: ata o mércores 23 de febreiro.

PREMIOS: a entrega de premios será o venres 4 de marzo durante o recreo, na biblioteca.

· Primeiro premio, á mellor creación artística.

· Segundo  premio, á mellor creación artística.

· Terceiro premio, á mellor creación artística.

EDDLG principal.png

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Como cursos anteriores, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou un concurso de mensaxes de amor titulado Chíos con amor.

Velaquí os gañadores e gañadora.

 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

O mes de xaneiro resultou moi frío meteoroloxicamente, pero a nivel creativo estivo a ferver, xa que foron moitos os relatos presentados ao concurso. 

Podedes facer a lectura dos premiados nos enlaces seguintes:

1º D

2º B

3º B

3º C

Parabéns campioas!

A que estades agardando? Póndevos a escribir, que febreiro é curto e só tedes ata o día 23, día de Rosalía.

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Xa na recta final destas vacacións de Nadal, publicamos os relatos gañadores do mes de decembro que, aínda que non foron moitos os participantes, por razóns máis que obvias, sempre contamos coas nosas alumnas incondicionais. Grazas mozas!

Aproveitade estes últimos días e vimos cargádevos de ilusión e de bos desexos para este 2022 que acabamos de comezar. 

Preme nos seguintes curso se queres coñecer as persoas gañadoras e ler os seus relatos:

1º D

2º B

3º C

Parabéns a todas e a seguir participando!!

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

lbfzkjttt

hzlpwdkm | IES Pedras Rubias
albfzkjttt
[url=http://www.g91vx41170fcyuaxs2gv16l6991bd5y3s.org/]ulbfzkjttt[/url]
lbfzkjttt http://www.g91vx41170fcyuaxs2gv16l6991bd5y3s.org/

Powered by Drupal - Design by artinet