2010/11

Infusión de versos

Seguimos activando a vosa imaxinación no mes das letras.
"Infusión de versos" consiste en escribir poemas de Lois Pereiro en obxectos insólitos que forman parte da nosa vida cotiá. Xa vos mostraremos o resultado!
Máis información en:http://biblosvivos.blogspot.com/

Infusión de versos

Certame literario de relato breve

Chega maio, e un ano máis o departamento de galego convoca o seu concurso de relato breve. Anímate a participar, tes as bases na imaxe adxunta. Lembra que o prazo remata o 30 de maio, e que o teu relato debe comezar con estas palabras de Lois Pereiro: "Calculou ben o impulso e deu o salto..."

Certame literario de relato breve

Abraham Carreiro debuxa...

O venres 1 de abril o debuxante Abraham Carreiro impartiu un obradoiro de banda deseñada aos alumnos de 1º da ESO onde poidemos descubrir as dotes artísticas dalgúns dos nosos alumnos e alumnas.

Abraham Carreiro debuxa...

Excursión de 4º a París

Os alumnos de 4º da ESO marcharon a París entre o 21 e o 25 de marzo. Despois de traballar intensamente dende principio de curso para recaudar cartos, achegáronse ate a capital francesa para disfrutar desta fermosa cidade.

Excursión de 4º a París

Semana Branca en Andorra

Do 19 ao 25 de marzo os alumnos/as de 2º da ESO marcharon ata as pistas de esquí andorranas para practicar este deporte de inverno.

Semana Branca en Andorra

Intercambio con Camariñas

Organizado polo departamento de Normalización os alumnos de 3º da ESO mantiveron durante varias semanas contacto con alumnos do instituto de Camariñas, e finalmente o martes 5 de abril viaxaron ata alí para coñecer en persoa aos seus compañeiros e compañeiras e coñecer a fermosa vila mariñeira.

Intercambio con Camariñas

Charla sobre acoso escolar

O luns 4 de abril os alumnos de 1º e 2º da ESO recibiron unha charla por parte dunha policía xudicial sobre as consecuencias legais do acoso escolar.

Charla sobre acoso escolar

Semana das curtas

Durante o mes de marzo o equipo de Normalización proxectou unha serie de curtametraxes galegas coincidindo coa "Semana das curtas" organizado polo equipo de Dinamización da lingua galega do IES Audiovisual de Vigo e a coordinadora  galega de equipos de normalización. Algúns títulos que se viron foron: Tourettes, Ruxeruxe buratos, Palíndromo, Eu falo Javier...

Semana das curtas

Números premiados no sorteo Pro-viaxe Semana Branca Andorra

1º PREMIO: 002323     Televisión LCD 19

2º PREMIO: 003242      Cámara Fotos dixital

Pasar a recoller os premios polo instituto antes do 30 de abril de 2011.

Powered by Drupal - Design by artinet