2012/13

Historia ilustrada da música

Este curso un dos obxectivos do centro xira arredor da música. Aí vai un interesante vídeo para ir abrindo boca...

Programa de presentación curso 12-13

Programa onde se presentan os novos contidos da tempada de radio escolar 12-13. Na voz dos alumnos/as de 1ºA. Este curso dedicado especialmente á música.

Tamén len en novembro... con Sandra

O luns 26 de novembro, quedamos na biblioteca con Sandra (a administrativa do centro en substitución de Rubén), a quen agradecemos ter compartido con nós a lectura de “EL PERFUME” de Patrick Süskind.
Despois de ser presentada por David Gómez de 4º e de acompañármonos a música do clarinete de Mar de 3ºB; comezou lendo o primeiro capítulo, onde se describe perfectamente o ambiente do París do s. XVIII, antes do acontecemento da Revolución francesa que cambiaría unha época histórica. E caramba, se non era necesario deixar atrás ese mundo de súbditos, de absolutismo, de carencias e miseria social, de crise, de decadencia, de cidades que apestaban e persoas de todos os estamentos e condicións que apestaban…

En medio de tal ambiente, achegámonos a un personaxe inquietante, repulsivo, deforme, que encarna mellor que ninguén a súa época. Grenouille ten un don moi especial: un olfato excepcional que nos vai introducir nun mundo trastocado que vai da máis sutil das fragancias, ao máis cruel dos asasinatos.  En poucas obras o sentido do olfato ten tal  protagonismo, tanto que non nos abandonan un sin fin de olores de todo tipo durante a lectura.

Ir a descargar

Tamén len en novembro... con Sandra

Homenaxe aos Mártires de Sobredo

O luns 28 de novembro de 2012 os alumnos/as do IES Pedras Rubias de Salceda e dos institutos de Tui, Indalecio Prieto e Sampaio, celebraron a súa homenaxe anual aos mártires de Sobredo cun recital poético e unha ofrenda floral. Este ano cúmprense 90 anos dos feitos.

Banco de tapones do Baixo Miño

Ao longo deste curso colaboraremos co Banco de tapones do Baixo Miño coa reciclaxe de tapóns por parte do noso alumnado que serán recollidos por esta asociación de Tomiño.

Desde el pasado Miércoles día 26 de Septiembre de 2012 entró en funcionamiento el "Banco De Tapones Del Baixo Miño", un ambicioso proyecto con un único fin, ayudar el máximo número posible de niños que lo necesiten.
El banco de tapones nace a partir de una iniciativa ciudadana, que consiste en el reciclaje...la clasificación...el empaquetado...y posteriormente el envío de dichos tapones a la empresa que los compra para finalmente enviar este dinero directamente a familias sin medios económicos que tienen algún hijo con una enfermedad...discapacidad...minusvalía...u otro problema al que no le pueden hacer frente económicamente.
Esta iniciativa nace a raíz de la marea solidaria que se formo en la comarca y alrededores para ayudar a Paula, la niña de Boiro con agenesia sacra, tras el éxito obtenido en dicha ocasión y tras la disposición de la gente a colaborar con causas justas y necesarias, se decidió comenzar con el Banco.
El ayuntamiento de Tomiño esta colaborando con esta causa aportando un local, el cual se usa como almacén y que esta situado en Goian, encima de la plaza de abastos, este local es provisional mientras no se consiga otro almacén en una planta baja, pues son cientos los kilos de tapones que hay que subir a diario.
Todo el mundo puede pertenecer a este banco de tapones y colaborar en las distintas formas que hay de hacerlo, juntando tapones, seleccionando, ayudando a cargar camiones etc.
A día de hoy el banco de tapones ya cuenta con 3.100 kilos que serán destinados al joven Alex de Vigo.
Banco de tapones do Baixo Miño

Lembrando a catástrofe do Prestige

Esta semana lembramos os dez anos da catástrofe ocasionada polo afundimento do Prestige en novembro do 2002.

Proxectaremos un reportaxe da cadea televisiva Tele 5 que emitiron no seu día onde recollen os acontecementos que sucederon naquelas semanas. Ademais do documental feito por Isabel Coixet, "Marea Blanca" no que homenaxea aos voluntarios que colaboraron tan intensamente aqueles días. Tamén realizaremos unha pequena exposición lembrando aquela catástrofe que sucedeu cando os nosos alumnos/as aínda eran uns cativos/as. Pero nunca debemos esquecer. NUNCA MÁIS!

Lembrando a catástrofe do Prestige

Plan de Consumo de Froita Fresca

  Dende o luns 17 de decembro ate o venres 21 participaremos no “Plan de Froita nas Escolas” polo que cada día se lle facilitará

 ao alumnado unha peza de froita fresca

para consumir durante o recreo. O obxectivo de dito plan é, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos pola xuventude

e, a longo prazo, tratar de desempeñar

un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a fomentar nas

escolas o hábito de consumo de froita.

Durante o mes de abril participaremos novamente neste Plan cun novo reparto gratuíto de froita fresca dende o día 22 ate o 26.

Plan de Consumo de Froita Fresca

VII subida ao Penedo Redondo

Xa chega a VII Subida ao Penedo Redondo. Este ano, como en anos anteriores, vaise facer solidaria coa ONG "Entreculturas" destinando os cartos recadados ao  CHAD.

O xoves 13 de decembro un representante desta ONG vai a vir ao instituto a facer unha presentación do seu traballo a tódolos cursos.

A Subida vaise a realizar o ultimo dia de clase, o venres 21 de decembro, e está destinada a tódolos alumnos e profes do colexio, así como a exalumnos.

Esperemos que o tempo permita realizala.

Finalmente celebrouse o 30 de abril cunha exitosa participación

VII subida ao Penedo Redondo

Na Ponte....novo libro-dvd de Ponte nas Ondas

O IES Pedras Rubias leva formando parte durante moitos anos da familia de Ponte nas Ondas, por iso damos a coñecer o seu último traballo, un libro-dvd que recolle parte do traballo feito ao longo destes, case, 20 anos.

 

Presentación no Culturgal de Pontevedra

NAPONTE: páxina oficial

Na Ponte....novo libro-dvd de Ponte nas Ondas

zljevevsdh

25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero | IES Pedras Rubias
zljevevsdh http://www.guwxep9rd4o7l85z4530i06j1wk7l622s.org/
azljevevsdh
[url=http://www.guwxep9rd4o7l85z4530i06j1wk7l622s.org/]uzljevevsdh[/url]

zljevevsdh

Powered by Drupal - Design by artinet