XANTAR LITERARIO NO MONTE ALOIA

 O pasado xoves 15 de xuño o alumnado do club de lectura clausurou o curso facendo unha excursión literaria ao Monte Aloia (Tui).

 

 

Logo dunha camiñata asfixiante ladeira arriba ata a zona do merendoiro, houbo tempo para o lecer compartindo xogos de mesa da biblioteca.

Despois do xantar, houbo un emotivo coloquio literario no que cada compoñente do club de lectura expuxo o seu libro preferido e fixo recomendacións de lectura para a inminente época estival.

  

  

Seguidamente, fíxose un pequeno percorrido ata o punto máis alto para contemplar as fermosas vistas.

E xa para finalizar e adozar se cabe aínda máis a xornada, degustáronse uns saborosos e fresquiños xeados que axudaron a entoar cánticos no traxecto de volta no autobús.

Bonita convivencia que permanecerá no recordo dos compoñentes do club de lectura 22/23.

 

EDDLG principal.png

Admisión Ciclos

 

 

                                 INSTRUCCIÓNS           DATAS          IMPRESO SOLICITUDE

 

 

 

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

A piques de rematar o curso e coas axendas cheas de exames, traballos e proxectos de verán, a nosa querida e incondicional Lucía Fernández non cesou na súa constancia e perseveranza, e volveu participar no concurso de relato curto.

Pero a sorpresa foi maiúscula porque nesta edición tamén se estreou Esteban Oliveira.

No seguinte enlace podedes deleitarvos coas súas lecturas:

3º A

3º C

Noraboa e moitas grazas a ambos.

Ata ao próximo curso!!

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

BOLSAS NEAE

 

Dende o 8 de maio e ata o 20 de setembro de 2023 esta aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE). 

 

A solicitude farase de modo telemático no enderezo https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886.

 

Podedes consultar toda a información na páxina: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

LETRAS GALEGAS 2023: Sergio Álvarez

Continuando coa conmemoración das Letras Galegas 2023, este venres 19 o alumnado de 3ºESO tivo a sorte de asistir a unha charla co ex-futbolista do Real Club Celta de Vigo, Sergio Álvarez. Durante a conversa, Sergio incidiu na importancia da formación ao longo da vida, do deporte como fonte de valores positivos, así como tamén fixo unha defensa do galego como lingua nai que nos distingue dos demais.

Charla de Sergio Álvarez no IES Pedras Rubias

Despois da charla, tamén houbo tempo para sinatura de autógrafos e para sacarse fotos con el.

Charla de Sergio Álvarez no IES Pedras Rubias

Desde o IES Pedras Rubias queremos agradecer moito a xentileza e boa predisposición de Sergio para a realización desta actividade, así como ao profesorado organizador da mesma.

EDDLG principal.png

LETRAS GALEGAS 2023: Maratón de lectura

Para continuar a conmemorar as Letras Galegas 2023, o xoves 18 de maio saímos ao souto  que temos no patio do instituto para facer ao aire libre a lectura ininterrompida en voz alta da novela O cego de Pumardedón de Francisco Fernández del Riego.

  

  

   

         

Participaron alumando, profesorado e persoal non docente, aos que se lles agasallou cun diploma.

EDDLG principal.png

LETRAS GALEGAS 2023: Avelino González

Con motivo das Letras Galegas o departamento de Dinamización da Lingua organizou un encontro co narrador oral e actor Avelino González.

O espectáculo tivo lugar o martes 16 de maio no Auditorio de Salceda de Caselas en dous pases diferentes: primeiro, un para 1º e 2º de ESO; e logo, outro para 3º e 4º de ESO, e 1º de Bacharelato.

                      

Aproveitando que o tempo acompañaba, fíxose o percorrido tanto da ida coma da volta a pé.

No encontro, Avelino González fixo reflexionar ao alumnado, sempre en clave de humor, sobre varios temas que están moi de actualidade hoxe en día: a desigualdade de xénero, o uso abusivo de videoxogos, a utilidade da lingua galega á hora de aprender outras linguas...

                  

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet