2020/21

MAGOSTO TERRORÍFICO

Desta volta non foi a meteoroloxía a que puxo impedimentos, senón a ben coñecida epidemia que nos deu por acompañar este ano 2020.

Aínda así, organizamos na semana de San Martiño a festa tan arraigada a nós do Magosto Terrorífico, na que fusionamos as dúas tradicións: o magosto e o samaín.

Para ir creando ambiente, nos días previos, nas aulas de Lingua Galega falouse do magosto tradicional galego e da Santa Compaña.

Desde o luns 9 toda a comunidade educativa se involucrou coa actividade e, por un lado, o profesorado fixo cucuruchos, picou castañas, aportou leña... e, polo outro, o alumnado foi traendo os seus calacús, que este curso se expuxeron nas escaleiras da entrada principal, e enviando os vídeos en Tik Tok ou curtametraxes terroríficas á aula virtual ou por correo electrónico. Ambos elementos, cabazas e vídeos, formaban parte do concurso por aula.

                  

E o xoves 12, os nosos asadores, Pepe, Juan Carlos e Rubén, coa axuda incondicional de Begoña, asaron quilos e quilos de castañas que logo se repartiron entre o alumnado durante o recreo. Desde aquí queremos felicitalo (o alumnado) porque cumpriron á perfección as dúas encomendas: non enfarruscar a ninguén e depositar os restos nas papeleiras. Parabéns!

Preme no vídeo

Premiouse a aula que mellor organizou a actividade de forma global (elaboración de calacús e vídeos de medo) e a gañadora indiscutible resultou 1º B, da titoría da profe Ana Varela. Noraboa!

Se queres ver os vídeos, preme nos enlaces:

1º A

1º B (gañadores):

Vídeo 1
Vídeo 2
Vídeo 3

1º C

1º D

Agora só resta desfrutar da xornada de xogos populares no Penedo Redondo que terá lugar un día da próxima semana desde as 11.30 da mañá.

EDDLG principal.png

DÍA DAS BIBLIOTECAS E DAS ESCRITORAS GALEGAS

Para conmemorar o día das Bibliotecas, o Día das escritoras 2020, que este ano xa fixo a súa quinta edición e que tivo lugar o luns da pasada semana baixo o lema “O esforzo cotián das mulleres”, e inaugurar as emisións de radio durante os recreos, o xoves 29 de outubro durante o recreo e a hora de lecer alumnado de diferentes niveis educativos leu poemas e fragmentos narrativos de escritoras galegas durante o programa especial de radio.

As lecturas escollidas foron as que seguen:

·         Un poema do libro Feliz Idade de Olga Novo, homenaxeada co Premio Nacional da Crítica Española en Poesía (María 2º D).
·         Un fragmento narrativo de Mª Xosé Queizán do libro Amor de tango (Lúa 2º D).
·         Un poema de Marta Dacosta do libro Na casa da avoa (Ainhoa 2º D).
·         Un fragmento de Adiós María de Xohana Torres (Naia 1º B).
·         Un fragmento da novela Nena e o mar de Érica Esmorís (Karina 1º B).
·         Un parágrafo de Memoria do silencio de Eva Mejuto (Maruxa 1º E).
·         O poema “A xustiza pola man” de Rosalía de Castro (Lucía Fernández 1º B).

Agradecémoslle a axuda técnica recibida por parte do profe Rubén e de Alba de 3º A, sen os cales non sería posible facer esta actividade.

 

Agardamos que fose do voso agrado e gozásedes tanto coma nós. Ata a próxima!!

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO

Ao departamento de Lingua Galega e Literatura non o para nin a Covid-19!

Un curso máis organiza e dálle continuidade ao concurso de relato curto.

Se queres concultar as bases completas, podes facelo premendo en cartel.

Nesta ocasión os relatos do mes de outubro debían comezar polo polo final do libro María Vinyals. Un talento rebelde da escritora Isabel Blanco, isto é: "Agora que sabedes que estou aquí, quedo moito máis tranquila. E espérovos.”

Se o que desexas é coñecer os relatos gañadores do mes de outubro, preme en cada un dos cursos seguintes:

1º B

1º C

2º D

3º D

4º C

Moitas grazas a todos e todas as que participastes e noraboa aos gañadores/as.

A seguir a participar!!

CONCURSO RELATO CURTO

Préstamo de libros na Biblioteca

Xa está establecido o sistema de Préstamo de Libros da Biblioteca adaptado ás normas sanitarias.

Xa podes reservar libros! Consulta o procedemento AQUÍ.

Renovación dos membros do Consello Escolar

Adxuntamos instrucións en relación coa Renovación dos membros do Consello Escolar.                                  (Premer sobre 1 adxunto)

Reunión coas familias de 2º/3º/4º ESO

Finalmente daremos a opción de asistir presencialmente á reunión das familias cos titores/as dos vosos fillos. Serán por grupo/clase. Quen prefira non asistir se lle enviará a información polo alumno/a.

 

SUSPÉNDENSE ATÉ NOVO AVISO

Lembrar que será obrigatorio ter posta a mascarilla en todo momento durante a reunión. Recoméndase traer un bolígrafo para cubrir algúns documentos, e así non ter que compartilo.

Reunión coas familias 1º ESO

A reunión de nais e pais de 1º da ESO organizarase por titorías, para manter as distancias de seguridade, no seguinte horario, cunha duración máxima dunha hora:

              MÉRCORES 30 DE SETEMBRO

GRUPO

HORA

AULA

1ºA

16:30

Na aula de 1ºA

1ºB

16:30

Na aula de 1ºB

1ºC

17:30

Na aula de 1ºC

1ºD

17:30

Na aula de 1ºD

1ºE

18:30

Na aula de 1ºE

 

Programa de Acollida Curso 2020/21

En adxuntos (na parte dereita) podedes descargar  o Programa de Acollida do Ies Pedras Rubias para o curso 2020/21, onde se explican as medidas que se van adoptar para adaptarse ao Protocolo Covid exixido pola Xunta de Galicia.

Trátase da versión borrador, xa que está pendente da súa aprobación definitiva por parte do Consello Escolar do Instituto na reunión que se celebrará nos vindeiros días.

Powered by Drupal - Design by artinet