Lingua Galega

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

Hai 25 días as nosas vidas mudaron radicalmente a causa do coronavirus. Aínda que nos atopamos pechados/as nos nosos fogares, os expertos aconsellan ter rutinas nas que non falten nin o traballo, nin a actividade física nin as relacións persoais con familiares e amigos.

O departamento de Lingua Galega e Literatura proponvos contribuír a esa “rutina e normalidade” e anímavos a que sigades participando no concurso por aulas de relato curto.

A continuación presentámosvos os relatos gañadores do mes de marzo. Se queres ler o relato gañador, preme en:

3º B

3º C

Noraboa e a ver se abril vén cargado de relatos!

 

EDDLG principal.png

III CERTAME DE MICRORRELATO

No IES Pedras Rubias seguimos a fomentar a creatividade no alumnado, a estimular o uso do galego e a facilitar a posibilidade de publicación a novos creadores.

Por este motivo animamos ao noso alumnado a que participe en todos os concursos que se convocan, sexan internos do propio instituto ou externos.

Nesta ocasión dous alumnos de 3º de ESO, Noelia Cabaleiro e Hugo Puga, presentáronse ao III Certame de microrrelato convocado por Puntogal e a Real Academia Galega.

Estamos moi agradecidos pola súa participación e agardamos que teñan moito éxito.

 

III CERTAME DE MICRORRELATO

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Nesta ocasión, entre entroido, mes máis curto, exames, concurso Chíos con amor, concurso de Haikus por Rosalía... a participación no concurso de relato curto foi escasa.

Se queres ler o relato gañador do mes de febreiro, podes facelo premendo en:

3º C

Noraboa e a ver se marzo vén máis cargado de relatos!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

CONCURSO HAIKUS POR ROSALÍA

Un ano máis, no IES Pedras Rubias puidemos comprobar que co entroido non hai quen compita, nin a mesma Rosalía de Castro, piar imprescindible no Rexurdimento poético da nosa lingua. Mostra disto foi a baixa participación no concurso de haikus que se convocou para celebrar o día de Rosalía, 24 de febreiro, xa que só se presentou o alumnado de 1º de ESO.

Os participantes debían presentar un poemario composto por tres haikus, como mínimo, e cinco como máximo, con vocabulario de Follas novas.

O xurado acordou proclamar vencedores/as aos seguintes alumnos/as:

1º PREMIO: Mara Lorenzo Martínez

 

Mira tesoira,

cortáchesme unha man!

Moi orixinal!

 

Medo por dentro, eh?

Non me avergoña, que?

Machista, fóra!

 

Muller, loitei.

Con sentido ou sen el?

Non ho, con el!

 

Luces vermellas,

serea do grande mar,

aparta xa!

 

2º PREMIO: Pablo González Rey

           

Na clase estaba

a muller explicando,

el escoitando.

 

Van para a praza

as pombas a beber

na auga da fonte.

 

As plumas caen

no ceo van as pombas,

nas ventás chocan.

 

Negro o ceo está,

non se ve nada máis

que a lúa chea.

 

Loitan formigas

contra a maldita chuvia,

xuntas o logran.

 

3º PREMIO: Irene Otero Pastoriza

           

Desprezo cego,

da muller pensativa,

arrastra o vento.

 

Vento saudoso

das montañas moi antigas,

guíasme ti?

 

Moito brillas,

mais non me iluminas,

Canto do sol.

       

A entrega de diplomas e de premios tivo lugar na biblioteca durante o recreo do venres 28 de febreiro.

Noraboa mozas e mozo!

CONCURSO HAIKUS POR ROSALÍA

GAÑADORAS CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Salvo en 4º de ESO, curiosamente, no IES Pedras Rubias reina o amor. Proba disto é a numerosísima participación no resto de niveis, especialmente entre as alumnas, no Concurso Chíos con amor.

O xurado tivo unha difícil tarefa á hora de seleccionar as gañadoras. Logo de deliberar e deixar deserta a categoría de 4º ESO por non presentar ningunha mensaxe, acordou proclamar vencedores aos seguintes alumnos/as:

1º ESO: María Bernárdez González

       

2º ESO: Paula Pérez Suárez

             

3º ESO: Sara Usera Alonso

Noraboa e grazas a todos/as pola vosa participación.

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Metidos en febreiro e a voltas co amor e co entroido, publicamos os relatos gañadores do mes de xaneiro.

Se queres ler os que resultaron gañadores, podes facelo premendo no curso correspondente:

1º C

3º B

3º C

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Cunha leve tardanza, damos a coñecer os relatos gañadores do mes de decembro.

Preme nos seguintes cursos se queres deleitarte coa súa lectura.

1º C

3º B

3º C

Noraboa a todas!!

En breve, xa estarán os de xaneiro.

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

CONCURSO "HAIKUS PARA ROSALÍA"

O día 24 de febreiro de 2020 cúmprense 183 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha das meirandes escritoras da literatura galega e universal. No IES Pedras Rubias a través do Departamento de Lingua Galega e Literatura e o ENDLG queremos lembrar esta figura co concurso "Haikus para Rosalía".

Unha forma tradicional xaponesa, o haiku, para homenaxear a autora galega que soubo pór en valor a lírica popular.

Nós dámosche as palabras de Rosalía e ti pos a túa creatividade.

Mostra a túa alma de poeta!

Podes consultar aquí as bases do concurso.

EDDLG principal.png

CONCURSO "CHÍO CON AMOR"

Chega febreiro, chega San Valentín, o Día do Amor, e para celebralo, unh avez máis o Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, invita a todo o alumnado a participar na 3ª edición do concurso "Chío con amor".

Xa sabedes se queredes explorar, descubrir ou mostrar a vosa capacidade creadora na escrita, aquí tedes unha oportunidade.

Ánimo!!

Podes consultar aquí as bases.

EDDLG principal.png

ACTIVIDADES PARA A SEGUNDA AVALIACIÓN

Esta segunda avaliación puxemos en marcha a actividade Vive un día en galego! Actividade que pretende, entre outros obxectivos, incentivar o uso da lingua galega fóra da aula. Para levar a cabo isto, foron entregadas ao alumnado as bases da actividade a realizar e unha ficha onde deberán rexistrar unha serie de datos. Eses documentos pódense consultar neste sitio.

Bases:  Vive un día en galego!

Ficha:  Vive un día en galego!

 

A lectura é un dos instrumentos que forma parte desta materia. Nesta avaliación, o alumnado fará un traballo a partir do libro obrigatorio, traballo que vai consistir nun Diario de lectura. As bases para a súa realización pódense consultar aquí.

Bases: Diario de lectura.

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet