2011/12

Día Mundial Sen Compras

O venres 25 de noviembre celebrouse o Día Mundial sen Compras, promovido por 'Greenpeace' e 'Ecoloxistas en Acción' , que nos invitan a reflexionar sobre os nosos hábitos de consumo, para que estes sexan máis solidarios e ecolóxicos. Invitámoste a escoitar no seguinte enlace un programa de Radio 5 sobre o tema: http://www.rtve.es/alacarta/showEmbeddedCode.shtml?contentID=1257956&url...

Día Mundial Sen Compras

O noso bibliotecario Jose Luis dixit:

 

 Cando soubemos do roubo do Codice Calixtinus, todas as compoñentes deste equipo de biblioteca sentimos un arrepío, pola desaparición de ben tan preciado e polo que estaría sentindo o noso benquerido excompañeiro, pero sempre amigo, José Luís. Tan pronto como comezou o curso, Paula pediulle que nos redactase unha entrada para o blog sobre tan pesaroso suceso e José Lúis foi máis aló, escribiuna para nós e para enviar aos xornais. Aquí vola deixo.

 

 

Señor director, situémonos no tempo coa axuda do mestre Machado: “Mediaba el mes de Julio. Era un hermoso día” tamén mediaba Xullo máis o día resultou dos aciagos de verdade. Uns “mangutas” por non empregar termos de groso calibre, aliviaron o oito veces centenario “arquivo do trasno” catedralicio de Santiago da súa xoia máis preciada, o Codex Calixtinus ou Liber Sancti Iacobi, coa Historia Turpini e tantas outras historias e marcas de grandeza que por amor da brevidade serían: primeira guía turística-espiritual de Europa. Relatorio dos milagres do Señor Santiago Zebedeo. O primeiro texto musical polifónico (tres voces) de Occidente.

 

Facemos unha derivada. Todo o mundo coñece, ten oído falar ou visitou a Capela Sixtina (Roma-Vaticano) cos frescos de Miguel Anxo restaurados con primor. Medio mundo coñece, ten oído falar ou visitou a Biblioteca Alexandrina (Exipto) recreada na modernidade cunha soberbia obra arquitectónica. Quén coñece, ten oído falar ou visitou a Biblioteca Calixtina do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, blog biblosvivos .blogspot.com. Pois deberían. Foi nese novísimo instituto un 24 de Outubro de 2008 cando en sesión académico-festiva bautizamos a bilblioteca escolar co onomástico Calixtina en honra do Códice e, digámolo baixo, pola proximidade fonética de Celestina, a mala malísima heroína do Renacemento español. Por iso na comunidade escolar sentimos desgarro e oprobio, e a súa pantasma “Cali” nin lles conto; a pobre fai o que pode. Nas noites de novilunio, cando non se mira unha elefanta asiática embarazada de xemelgos a tres pasos, ela fai rondas e catas e pescudas en paralelo coa policía especialista en roubos de obras de arte. Pero non da feito, que non é máis que unha pantasma bebé. Así están as cousas. A desaparición se agranda e se agrava. Estamos “confiantes”, como din os portugueses, que o Códice volverá a alumear o Camiño. Tempo ó tempo ou como se lé no Quixote “Amencerá Deus e medraremos”

 

O Bibliotecario emérito: Jose Luis Calvo Manteca

 

Publicado en Cartas ao Director no Faro de Vigo do martes 22 de novembro de 2011 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O noso bibliotecario Jose Luis dixit:

Teatro en defensa da nosa língua

O xoves 24 de novembro asistimos no Auditorio do Concello á representación teatral de "Pelos na Língua" pola compañía Talía Teatro, puidendo disfrutar dunha obra divertida ao tempo que o noso alumnado se concienciaba da importancia de defender a nosa Língua.

Teatro en defensa da nosa língua

Viaxe a Sotavento

Os alumnos de 3º da Eso visitaron as instalacións de Sotavento no concello de As Pontes, e aínda que a viaxe durou un chisco máis do previsto, puideron aprender moitas cousas interesantes.

Viaxe a Sotavento

Escola de música de Salceda

O luns 7 de novembro os alumnos/as do noso centro asistiron no Auditorio do Concello a un concerto de algúns membros da banda xuvenil de Salceda, que aproveitaron a ocasión para difundir as virtudes da música entre o noso alumnado, animándoos a anotarse na Escola de Música.

Escola de música de Salceda

leelyfpxzr

Charla sobre os riscos do uso de internet | IES Pedras Rubias
leelyfpxzr http://www.g72sjv8hp52x8d5d4y3122e0mm3r4ds4s.org/
[url=http://www.g72sjv8hp52x8d5d4y3122e0mm3r4ds4s.org/]uleelyfpxzr[/url]
aleelyfpxzr

leelyfpxzr

Camiñando cara Santiago...

O 24 e 25 de outubro os alumnos/as de 3ª da ESO fixeron dúas etapas do camiño francés, e aínda que o tempo non axudou moito, como podemos comprobar na foto, eles conseguiron chegar... e aínda tiveron tempo e ánimo de subir ás cubertas da Catedral.

Camiñando cara Santiago...

Tamén len... en outubro con Saltina

Tódolos anos inauguramos a nosa sección do Tamén len convidando a un/ha profe do Colexio Altamira. Nesta ocasión foi a quenda de Saltina, que nos visitou o luns 17 para compartir cos seus ex-alumn@s e con todos nós, lembranzas, anécdotas e unha morea de boas lecturas compartidas. Moitísimas grazas.

Tamén len... en outubro con Saltina

Powered by Drupal - Design by artinet