Na Ponte....novo libro-dvd de Ponte nas Ondas

O IES Pedras Rubias leva formando parte durante moitos anos da familia de Ponte nas Ondas, por iso damos a coñecer o seu último traballo, un libro-dvd que recolle parte do traballo feito ao longo destes, case, 20 anos.

 

Presentación no Culturgal de Pontevedra

NAPONTE: páxina oficial

Na Ponte....novo libro-dvd de Ponte nas Ondas

zljevevsdh

25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero | IES Pedras Rubias
zljevevsdh http://www.guwxep9rd4o7l85z4530i06j1wk7l622s.org/
azljevevsdh
[url=http://www.guwxep9rd4o7l85z4530i06j1wk7l622s.org/]uzljevevsdh[/url]

zljevevsdh

vwephiiq

Sesións terroríficas de lectura | IES Pedras Rubias
[url=http://www.g52f8v35pkuzqlj689369mm11qmdk415s.org/]uvwephiiq[/url]
vwephiiq http://www.g52f8v35pkuzqlj689369mm11qmdk415s.org/
avwephiiq

vwephiiq

Destino...¡ Compostela! Bo camiño.

 

22 de outubro, segunda feira… despois dunha noite sen parar de chover, amence coa mesma cara coa que pasara a noite, quer dicir, CHOVENDO!!

Pero cando digo chover, é chover a xeito, con forza, cando as nubes teñen frío, xúntanse e, ala!, non paran de soltar auga. Así, con este parte meteorolóxico, saímos pola mañá cedo cara Arzúa.

A chuvia non podía ser un atranco e, valentes e rexos, collemos camiño cara o norte.

Destino...¡ Compostela! Bo camiño.

Tamén len en outubro con... Clara Ojea

A primeira sesión do Tamén len deste curso tivo lugar o venres 26 e a nosa convidada foi Clara Ojea, mestra do Colexio Altamira.

Clara leunos un capítulo de "Cartas a Lelo" de Xosé Neira Vilas, concretamente o titulado "Lume".

Entre os asistentes atopábanse numerosos alumnos de 1º ESO xa que Clara foi a súa titora o curso pasado; para mostra as presentadoras: Nuria, Cristina e Judith.

Despois da lectura e de que David Ucha (2ºA) e Pablo Rodríguez (1ºA) nos deleitaran coa interpretación dunha peza musical, tivo lugar a habitual rolda de preguntas. O alumnado preguntoulle a Clara pola súa vocación de mestra, polos destinos donde dera clases e polas súas trasnadas cando alumna...

Non podiamos ter comezado mellor, grazas Clara e ata pronto.

Ir a descargar

Tamén len en outubro con... Clara Ojea

Boa noite de Samaín

Toca descansar catro días. Pero para empezar temos que disfrutar da noite de Samaín.

Descubre na wikipedia galega a orixe desta celebración tan xenuinamente galega: Samaín

Tamén podes entender a relación que a palabra inglesa "Halloween" garda na súa orixe coa nosas raíces.

Boa noite de Samaín

Día das Bibliotecas: Recital Poético de Miguel Hernández

O venres 29 de outubro os alumnos de 4º da ESO celebraron un recital poético adicado a figura de Miguel Hernández.

Máis información no blog da Biblioteca:

http://biblosvivos.blogspot.com/

 

Rexurdindo das nosas cinzas: Curso 2010/11

Ave Fénix: Ave mitolóxica que se consumía por efecto do lume cada 500 anos para logo rexurdir das súas propias cinzas. Aínda que non pasou tanto tempo non nos queda máis remedio que reinventarnos e comezar unha nova singladura na nosa páxina web, na que intentaremos recuperar parte do traballo feito o ano pasado e acadar definitivamente un oco no universo de internet.

Powered by Drupal - Design by artinet