Visita a Naturnova

    O pasado venres 16 de decembro os alumnos de 1º de ESO fixeron unha visita a Naturnova. Naturnova é un centro interactivo de educación ambiental. Durante o transcurso da mesma percorreron as tres salas das que consta adicadas ó Universo, o planeta Terra e o ser humano e o seu medio. Na sala do Universo descubriron curiosidades sobre os planetas ou a posición dos mesmos nunha data determinada. Na sala adicada á Terra, coñeceron a biodiversidade que habita nela ou mesmo crearon un tornado. Na derradeira sala, a do  ser humano e o seu medio, aprenderon a importancia da reciclaxe ,as formas de enerxía máis limpas…..A visita rematou coa entrada ó simulador dun  submarino.

   Os alumnos disfrutaron dunha xornada didáctica e lúdica onde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos na materia de Bioloxía.

Visita a Naturnova

Powered by Drupal - Design by artinet