Obradoiro de música con Pancho Álvarez

O pasado 26 de abril, visitounos Pancho Álvarez, músico  e compositor de O Porriño vinculado á música tradicional. Un privilexio contar coa súa presenza e o seu saber. Gran instrumentista de corda como o violín, a zanfona, a mandolina, o bouzuki,  etc...

Pancho realizou para o alumnado de 4º ESO unha clase maxistral sobre instrumentos medievais, algún vencellados ao Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela e do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense.

Unha Giga ou fídula en oito, unha cítola medieval,  unha arpa,  a fídula do ancián nº 24 do Pórtico da Gloria  ou a giga do rei David da porta de Platerías foron algún dos instrumentos que o alumnado puido tocar e disfrutar do seu son da man deste gran músico. Tamén lles ensinou a zanfona como instrumento descendente do organistrum.

Cantigas do trovador Martín Códax, do rei Afonso X o sabio, da literatura galaico-portuguesa acompañaron ás pezas musicais xunto con unha breve introducción histórica.

Obradoiro de música con Pancho Álvarez

Powered by Drupal - Design by artinet