Representación teatral de A princesa e o labrego

Un grupo voluntario de profesoras (Celia, Loli, Rosa, Libertad, Patricia e Chus) e de profesores (Juan Carlos, Fernando e Rubén) ensaiaron esta obra de teatro para poder representarlla ao alumnado e ao resto da comunidade educativa o luns 18 de xuño a modo de clausura do curso. 

No acto púidose contar coa presenza da autora no primeiro pase e coa concelleira de educación, Teresa Pérez, no segundo pase.

 

Powered by Drupal - Design by artinet