ORATORIA- CURSO DE RADIO

Neste curso escolar, 2017-2018 inauguramos dentro do obradoiros de 1º e 2º da ESO, o curso de oratoria.

E dende o IES Pedras Rubias centrámonos na radio escolar, dado que temos unha emisora radiofónica á disponibilidade dos nosos alumnos/as.

Dende Ondarraia emitimos todos os recreos en directo cos grupos que se anotan, voluntariamente, ao principio do curso.

E este curso ofrecemos un onradoiro de oratoria, adentrámonos un pouco máis a fondo neste medio de comunicación traballando diferentes aspectos como: a vocalización, a pronuncia, a lectura de textos adaptados, a entoación, o discurso, os tipos de voz, o tono, o ritmo ,as cadencias, pausas, a preparación de guións, etc...

Estratexias para a capatación dos oíntes  e para preparar ao alumnado cara unha boa proxección radiofónica e soltura ante os micrófonos.

Tamén realizamos dende este taller o programa especial do día Mundial da radio, que se celebra o 13 de febreiro e que a UNESCO poon lema universal e ten en conta un apartado especial para as escolas.

Algúns destes guións podédelos escoitar en "escoita ondarraia".

Convidámoste a pasar e disfrutar desta ventá radiofónica de ONDARRAIA!!

Powered by Drupal - Design by artinet