Complementarias e extraescolares
Entroido 2017
Un ano máis chegou o entroido, a actividade que máis gusta ao noso alumnado. Dende as semanas anteriores a entrega é total para preparar a súa comparsa o millor posible. Iste ano ademais dos premios de outros anos engadimos o de comparsa máis ecolóxica/económica, xa que non está reñido pasalo ben e lucir bos traxes co reciclaxe e a sostenibilidade do medio ambiente. Por suposto que os profes tamén o deron todo no desfile polas rúas de Salceda de Caselas. Aínda que non os recoñezades son os da foto.
PREMIOS
1º premio: OS CONTOS
Máis marchosa: PESCADORES
Económica/ecoloxica: EQUIPO A
Orixinal: TV GALEGA
Podes disfrutar de todas as fotos na conta de Instagram do instituto: iespedrasrubias
Teatro de sombras no Altamira
O venres 12 de xaneiro o alumnado de 1º da ESO desprazouse até o CEP Altamira para asistir a un espectáculo de "teatro de sombras" representado polo alumnado de 6º de primaria. A representación foi acompañada dunha selección das millores actuacións do Festival de Nadal de Altamira. Foi un gran placer para o alumnado de 1º volver ao que até hai ben pouco foi o seu colexio, reencontrándose con antigos compañeiros e profesores.
Visitamos Cans
O Festival de Cans reafírmase unha edición máis no seu compromiso coa formación. Dende hoxe ata o venres, máis de 700 estudantes de centros de ensino do Porriño e arredores achegaranse a Cans para coñecer de primeira man as interioridades do audiovisual galego, dentro do Programa Cans de Futuro. A eles está previsto que se unan 300 máis procedentes de ensino medio, escolas de audiovisual e universidades, que asistirán a outras actividades como A qué andas? ou Café con Crea, o venres pola mañá.
Aos nosos alumnos/as de 1º da ESO tócalles hoxe.
Clasificación Provisional do Entroido
1º PELÍCULA DE UP 81 ptos
2º S Z HIGH SCHOOL 78 ptos
3º MARIO BROS 71 ptos
4º UN PAÍS MARABILLOSO 49 ptos
5º POLICÍAS E LADRÓNS 48 ptos
6º COPA DO MUNDO 31 ptos
7º OS INCOMPRENDIDOS 19 ptos
Esta clasificación aínda non é definitiva xa que podería
ser descalificada algunha comparsa por
incumprimento de normas.
Entroido 2013: clasificación
Un venres máis de Entroido o instituto implicouse na celebración desta data tan celebrada en Salceda. Os profes non faltaron a súa cita, esta vez, tocou "pitufos e pitufinas".
A clasificación de comparsas dos rapaces quedou do seguinte xeito:
ENTROIDO 2013 CLASIFICACIÓN |
||
NÚMERO | NOME | PUNTUACIÓN |
1 | SHREK | 94 |
2 | OS SIMPSON | 91 |
3 | PEACE AND LOVE | 00 |
4 | MILICIA GALEGA | 87 |
5 | PETER PAN | 71 |
6 | SEÑOR DOS ANEIS | 56 |
7 | INDIOS DE SALCEDA | 52 |
8 | ZOMBIES | 31 |
9 | JAGUALLANAS | 30 |
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »