ABAU E TÍTULO DE BACHARELATO

 

ABAU 2024

 

TRAMITACIÓN TÍTULO DE BACHARELATO

O alumnado que estea proposto para o título de Bacharelato ten que cubrir o Modelo A1(acceso directo máis abaixo) para facer o depósito do Título. Unha vez realizado o pagamento , achegarase xustificante á secretaría do centro. As taxas son:

    • Tarifa normal : 54 euros.
    • Familia numerosa categoría xeral: 27,03 euros.
    • Familia numerosa categoría especial 0 euros.

O desconto por familia numerosa ten que acreditarse mediante unha copia do carnet de familia numerosa (non caducado) no momento de presentar o xustificante de pagamento.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 24/25

 

Calendario do procedemento de admisión e matrícula Curso 24/25

Oferta Vacantes Curso 24/25

 

TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO tal e como se establece na Orde de 21 de outubro de 2022, pode consultarse no taboleiro da Secretaría do centro ou na aplicacion admisiónalumnado

Pode accederse ao anexo premendo no seguinte enlace: Anexo II

Resumo do proceso de admisión

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Comezamos o mes de maio a voltas xa coas Letras Galegas, dedicadas este ano a Luísa Villalta. Publicamos os relatos gañadores de abril que, nesta ocasión, veñen con novidades, xa que temos un novo vencedor en 1º B.

Se queredes lelos, só tes que premer nos cursos:

1º B

4º A

Noraboa e a seguir participando, que só queda este mes!

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

No mes de marzo volveron participar as alumnas incondicionais do noso concurso, isto é Irene Iglesias de 1º B e Lucía Fernández de 4º A.

Se os queredes ler, podedes facelo premendo en:

1º B

4º A

Noraboa e agardamos que o mes de abril veña máis cargadiño de relatos!

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Metidos no mes de marzo e a voltas co Día da Muller, publicamos os relatos gañadores do mes de febreiro.

Se queredes lelos, só tes que premer nos cursos:

1º B

4º A

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Números premiados no sorteo do 13 de marzo de 2024

1º premio (Play Station): 5.722

2º premio (televisión): 17.613

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O día 23 de febreiro cumpríronse 187 anos do nacemento de Rosalía de Castro.

Para celebralo, no IES Pedras Rubias o Departamento de Lingua Galega e Literatura organizou un Concurso Artístico de Creación Propia. Para a elaboración destas creacións partiuse da inspiración da natureza, igual que inspirara a Rosalía nalgunhas das súas composicións.

Dúas foron as modalidades de creación: haikus (para 1º de ESO) ou composición poética acompañada dunha planta silvestre (para os restantes cursos), en ambos casos relacionado coa figura de Rosalía de Castro e a natureza.

Houbo de prazo ata o xoves 29 de febreiro.

Para máis información podedes consultar as bases completas.

Outorgáronse 3 premios por cada modalidade. Velaquí o alumnado premiado.

                       

             

 

Parabéns a todas e grazas pola vosa participación.

 

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet