Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2011- LOIS PEREIRO

Este ano o día das letras galegas vai ser adicado ao poeta Lois Pereiro, un poeta da modernidade galega, morto prematuramente e cunha vida marcada pola enfermidade (foi unha das vítimas do envelenamento masivo por aceite de colza) que había influír na súa obra.

O CEIP Condesa de Fenosa proponvos unha actividade LIM para irmos quentando motores de cara ás letras e comezando a coñecer ao noso autor, a súa biografía e tamén poder achegarnos a algunha das súas obras.

Tamén se ofrecen no LIM algúns enderezos Web nos que poderemos ampliar os nosos coñecementos de Lois Pereiro e acceder a recursos sobre a súa vida e obra.

O Equipo de Normalización Lïngüístico do CEIP de Pedrouzos realizou unha actividade en Ardora para coñecer algo máis de Lois Pereiro.

 

A biblioteca do Moucho do CEIP de Coutada Beade colgou unhas actividades LIM sobre a vida de LOis Pereiro, elaboradas pola profe de 3º B, Mª ESTHER.

Que vos guste!



page | by Dr. Radut