Skip to Content

Lingua Galega

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Achégamos unha serie de páxinas na que poderedes atopar moitos recursos para traballar nestes días a figura homenaxeada das Letras Galegas 2013 : Roberto Vidal Bolaño.

Videos:

O telexornal do CPI dos Doces de Rois

A obra de Roberto Vidal polo CPI dos Dices de Rois

Compostela na obra de Vidal

Mais recursos:

da Biblioteca do IES Ribeira do Louro- O Porriño

 

 

 

 

 

Correlingua 2012 - Viveiro

Correlingua_Viveiro_2012_0 Correlingua_Viveiro_2012_1
Correlingua_Viveiro_2012_2 Correlingua_Viveiro_2012_3

Letras Galegas 2012 - Valentín Paz Andrade

Dende o CPI dos Dices (Rois, A Coruña) o alumnado realizou un informativo documental sobre a figura de Valentín Paz Andrade.

A biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa acaba de facer esta actividade LIM para coñecermos mellor o homenaxedo das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Día da Lingua Materna e Día de Rosalía de Castro

Dende a biblioteca do IES San Paio, temos esta magnífica escolma.

 

 

Aquí temos unha pequena recompilación de vídeos para lembrar, a través dos ollos e dos oídos o compromiso coa lingua nai e coa nai poeta da que festexamos o 175 aniversario.

Dia de Rosalía - 24 de febreiro

Para coñecer a Rosalía de Castro, a biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda fixo a seguinte actividade Lim para conmemorar o día do seu nacemento.


CEN ANOS CON ÁLVARO CUNQUEIRO

Entre eses autores de cabeceira, dos que non che cansas xamais, porque son tan polifacéticos que mergullándote na súa obra sempre atopas o que buscas, está Álvaro Cunqueiro, novelista, poeta, xornalista, dramaturgo, ademáis de famoso e entusiasta gastrónomo.
Coma todos os grandes posuía un vasto e diverso universo propio, que queda reflectido nas súas creacións, onde teñen cabida o mítico, o máxico, o lírico, o cotián...
Difícil recomendar unhas poucas obras dun dos xenios da literatura galega, así que para axudarvos a decidir por onde comenzades a lelo ou a renovar a súa lectura temos a presentación de Elvira Roiz.

LOIS PEREIRO - AUDIOBIOGRAFÍA

Preme na imaxe e escoita unha biografía liada elaborada polos alumnos de 4º ESO de música do CPI San Vicente.

 

LOIS PEREIRO - LIÑAS DO TEMPO

Aquí tedes unha liña do tempo sobre a vida e obra de Lois Pereiro do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.


Lois Pereiro on Dipity.

LOIS PEREIRO

Podedes ver unhas presentacións, feita pola nosa compañeira Elvira Roiz do IES Concepción Arenal de Ferrol, sobre a vida e a obra do poeta monfortino.

 

E desde o cartel de "Vento Lois" podedes enlazar co artigo de Manuel Rei "Lois Pereiro: a extravagancia dun poeta periférico"

 

LOIS PEREIRO - LETRAS GALEGAS 2011

Pica na imaxe de Lois Pereiro e atoparás recursos educativos recopilados pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüistica

LETRAS GALEGAS - LOIS PEREIRO, LIBROS NA BIBLIOTECA DO PERDOURO

Podes ler os poemas de Lois Pereiro, a súa bibliografía e escoitar o seu recital no Pub Moka da Coruña en 1996.

 

       

LOIS PEREIRO, DOCUMENTAIS

Aquí tedes catro vídeos sobre este persoeiro das Letras Galegas 2011. Lois Pereiro.

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2011- LOIS PEREIRO

Este ano o día das letras galegas vai ser adicado ao poeta Lois Pereiro, un poeta da modernidade galega, morto prematuramente e cunha vida marcada pola enfermidade (foi unha das vítimas do envelenamento masivo por aceite de colza) que había influír na súa obra.

O CEIP Condesa de Fenosa proponvos unha actividade LIM para irmos quentando motores de cara ás letras e comezando a coñecer ao noso autor, a súa biografía e tamén poder achegarnos a algunha das súas obras.

Tamén se ofrecen no LIM algúns enderezos Web nos que poderemos ampliar os nosos coñecementos de Lois Pereiro e acceder a recursos sobre a súa vida e obra.

O Equipo de Normalización Lïngüístico do CEIP de Pedrouzos realizou unha actividade en Ardora para coñecer algo máis de Lois Pereiro.

 

A biblioteca do Moucho do CEIP de Coutada Beade colgou unhas actividades LIM sobre a vida de LOis Pereiro, elaboradas pola profe de 3º B, Mª ESTHER.

Que vos guste!

HISTORIA DA LINGUA GALEGA

Entrevista

Entrevista a Lucía Barrera no programa PAROLANDO de Radio Valadouro o pasado xoves 7 de maio de 2010

Distribuir contido


by Dr. Radut