Skip to Content

Inglés

BUSINESS ENGLISH

Enlaces aos espazos web colaborativos dos alumnos dos ciclos de administración:

Ciclo Medio de Xestión Administrativa

Ciclo Superior de Administración e Finanzas

VIAXE A LONDRES DOS ALUMNOS/AS DE 4º DE ESO

APRENDIZAXE “MODELO BURELA”... EN LONDRES

Os alumnos de 4º de ESO e 4º PDC viaxaron a Londres do 17 ao 21 de maio acompañados polo seu profesor de inglés, Toni Galdo e a súa profesora de bioloxía, Charo Fernández.


Día 17 de maio de 2012. Pouco despois das dez da mañá, un grupo de vinte e dous adolescentes de 4º de ESO reúnense na estación de autobuses de Burela para subiren a un ómnibus que os levará ao aeroporto de Avilés, camiño de Londres. A expedición está coordinada polo profesor de Lingua Inglesa, Antonio Galdo, e pola docente de Bioloxía, Charo Fernández. Os obxectivos son varios: convivir en grupo fóra das aulas do centro educativo, facer viaxe longa con combinación de diversos medios de transporte, coñecer os costumes doutro país, aprender a manexarse nunha cidade metropolitana e, sobre todo, testar a validez dos coñecementos adquiridos nas clases de inglés. Trátase, pois, dunha actividade “Modelo Burela” porque promove a interculturalidade ao mesmo tempo que fomenta a fluidez noutra lingua internacional. Precisamente por iso a data escollida está plenamente acordo coa filosofía do “Modelo Burela”. Era o Día das Letras Galegas e a celebración estaba dedicada a Valentín Paz Andrade, impulsor dunha marca galega con presenza en todo o mundo: Pescanova.
    “Era a primeira vez que ía en avión, mais non tiña medo” -afirma unha moza na memoria didáctica. “O avión é un medio de transporte moi seguro”. E continúa: “Despegar foi emocionante... e voar tamén, mais a viaxe fíxose curta.
    Do aeroporto ao hotel fomos en bus. Tardamos pouco en chegar. Despois de deixar as maletas e descansar un pouco, fomos á estación do metro. Antes de entrar nela, compramos a cea nun supermercado e comezamos a descoberta da cidade. Baixamos na estación de Leicester Square e camiñamos até Picadilly St. Alí deixáronnos tempo libre para explorar o lugar. Era incrible: xente por un lado e por outro, moitos comercios, bares, cafés, cinemas enormes, casinos, discotecas... todiño como nas películas”. Estas vivencias do Día das Nosas Letras serían o preludio do que viría nos días seguintes coas visitas á Torre de Londres, a ponte sobre o Támesis, ao Teatro de Shakespeare ou ao Big Ben. Aínda que, co paso do tempo, as forzas fraqueaban, ao tempo que aparecían vexigas nos pés, a expedición galega visitou tamén a Abadía de Westminster, a Leicester Square, o Museo Británico e o Backinghan Palace. Como enfatiza a privilexiada cronista, “non todo foi visitar museos; tamén estivemos nos parques. Démoslles de comer aos parrulos, como facía moita xente. Chamoume moito a atención a situación económica do país. Era todo carísimo, incluso na zona de China Town, que nos decepcionou un pouco. Esperábamola máis pintoresca e resultounos bastante normaliña.
    Cinco días máis tarde, a expedición emprendeu o camiño de volta. Docentes e alumnado traían en si multitude de vivencias positivas e atesouraban fotografías, facturas e incluso folletos publicitarios para certificar que a experiencia fora real.
    Agora esa documentación gráfica pode verse nunha fermosa exposición que está aberta ao público no Instituto Perdouro. Unha mostra máis da metodoloxía didáctica “Modelo Burela”.

CAMPAMENTO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA NO INGLÉS EN NAVARRA

Un grupo conformado por 23 alumn@s de 2º de ESO do IES Perdouro de Burela disfrutaron do campamento de Inmersión Lingüística no Inglés dentro do programa de becas do MEC para o outono 2011 na localidade de Lekaroz, no albergue Valle de Baztan en Navarra durante unha semana, dende o 27 de novembro ata o 2 de decembro. Realizaron diversos talleres para profundizar na cultura e costumes das tribus nativas norteamericanas dirixidos por monitores canadienses e recibiron clases de inglés impartidas por  profesores nativos de Canadá e do  Reino Unido y de profesores del IES Perdouro en actividades relacionadas coa ecoloxía, medioambiente e biodiversidade. Realizaron unha excursión ao parque natural de Señorío de Bertiz, en Oieregi, onde fixeron unha ruta polo parque, visitaron o xardín botánico e mais Centro de Interpretación da Natureza . Este campamento de inmersión tiña como finalidade o perfeccionamiento da lengua inglesa e da educación para a sostenibilidade. Ao compartir esta experiencia con alumnos do IES Pardo Tavera de Toro (Zamora), xurdiron  lazos de amistade e de colaboración entre ambos grupos que serán difíciles de esquecer.

Está aberto o espazo didáctico de wikispaces para que todos aprecien o realizado antes, durante e despois do campamento no seguinte enlace:

http://englishiseverywherecamp.wikispaces.com/

CHARLA EDUCATIVA SOBRE O REINO UNIDO

CHARLA CULTURAL DA EDITORIAL BURLINGTON BOOKS DIRIXIDA A ALUMN@S DE TERCEIRO DE E.S.O

 

    O día 26 de outubro, os alumn@s de terceiro de ESO asistiron a unha charla educativa na biblioteca do IES Perdouro en horario de 10.10 a 11:00 brindada pola Editorial Burlington Books. A través dunha conferencia e a miúdo en clave de humor participaron nunha actividade cultural sobre o Reino Unido. Tratáronse temas como: A división territorial do Reino Unido, as capitais dos diferentes estados, a familia real británica, as tradicións culinarias, etc. A través de xogos como o dun programa concurso (Queres ser millonario?), os alumn@s participaron de xeito activo nesta actividade en calidade de concursante e espectadores. Moitos concursantes recibiron como premio bolígrafos e libros. Noraboa a todos polo interés mostrado nesta actividade.

Novos espazos web

O Seminario de Inglés do IES Perdouro informa aos alumnos do CM de Xestión Administrativa de que traballaremos utilizando recursos dun ezpazo wiki no seguinte enlace:

http://businessenglishperdourosite.wikispaces.com/

Os alumnos de 2º de ESO, que disfrutarán do campamento de inmersión lingúística en Navarra tamén traballarán varios temas sobre o medioambiente a través do espazo:

http://englishiseverywherecamp.wikispaces.com/

ENGLISH IMMERSION PROGRAMME IN CANADA OR THE U.K

The English department members want to congratulate the students in 1st BAC, Juan Mario  and Goretti for getting their English immersion grant in Canada(Newmarket- ONTARIO), and in the U.K (Swansea). GOOD LUCK AND ENJOY YOUR STAY !!!

Anïk Nandi

    O IES Perdouro recibiu a visita por segundo ano consecutivo de Anïk Nandi., sociolingüista orixinario de Bengala Occidental, ao norte da India. Está vinculado á Univerdidade de Santiago de Compostela e tras o doutorado, está a traballar nas lenguas minoritarias do seu país. Na súa rexión fálanse máis de 80 linguas. Delas 22 lograron o estatus de lingua oficial e outras tantas están en proceso de solicitar ser consideradas linguas oficiais no estado de Bengala Occidental. Anik estudiou na Universidade de Burdwan a licenciatura en Filología Inglesa (Promoción do 2005). A súa vez é doutor en Sociolingüística pola Universidade de Santiago de Compostela (Ano 2008). A súa tese doctoral leva por título:Sociolinguistic Strategies of Revitalization of Minority Languages in Multilingual Contexts: A Comparative Study between Galicia (Spain) and West Bengal (India). Na actualidade fala seis linguas : inglés, bengalí, sánscrito, hindi, español e galego. Especialista en linguas minoritarias, neste intre está de novo a escribir e a analizar a situación das linguas minoritarias na India. É membro da Sociedad Española de Lingüística, colaborador do Instituto da Lingua Galega e conta con innumerables artigos de investigación e traballos sobre o tema das linguas minoritarias no campo da lingüística aplicada.
    Anïk Nandi colabora co IES Perdouro uníndose ao Modelo Burela, proxecto que cada ano vai recibindo máis colaboracións tanto a nivel individual como a nivel de entidades públicas. Acompañounos o xoves 7 de abril do 2011 nunha reunión dos integrantes dos IES da Mariña que colaboran neste proxecto. A súa presenza lembrounos a importancia de coidar o galego, unha lingua tamén minoritaria, e o inglés, que se pode considerar unha lingua internacional para a comunicación entre as nacións.
    Por outra banda, o venres 8 de abril, nunha actividade coordinada por Ramón Blanco, Bernardo Penabade, integrantes do seminario de Lingua Galega e o Seminario de Inglés do IES Perdouro, os alumnos de 1º de Bacharelato do IES Perdouro tiveron a oportunidade de coñecer a Anik Nandi e de aprender acerca das sociedades plurilingües e das linguas minoritarias. Anïk comparou o contexto sociolingüístico de Galicia coa diversidade lingüïstica do seu país natal. Entre outros idiomas, en Bengala Occidentel, úsanse frecuentemente bengalí, hindí, sánscrito e inglés. O galego e o inglés foron as linguas empregadas durante este acto, tanto por parte dos alumnos como por parte de Anïk. Quedou claro que o inglés é fundamental para expresarse a nivel internacional, e que tamén debemos estar orgullosos do galego, a lingua materna. A diversidade de linguas é tan importante como a biodiversidade. Esta foi unha actividade de inmersión no inglés, na que os alumnos non só escoitaron a Anïk expresarse en inglés senón que o entrevistaron neste idioma, interesándose pola súa traxectoria profesional e polo seu país. Por outra banda, esta actividade fomentou a competencia multilingüe cando o conferenciante describía algunhas das tradicións culturais do seu país en galego. Anïk viña acompañado por Iñigo Mouzo Riobó, graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, que centrou a súa tese doutoral sobre : A construcción in situ do territorio a partires da arquitectura rexionalista (1920-1960) e rexionalista crítica (1960-2010) e realizou, entre outros, un máster sobre Territorio e cultura, Santiago de Compostela, formulación galeguista, arquitectura rexionalista … e que recalcou a importancia do patrimonio no carácter de Galicia e o deber de protexer a arte, o urbanismo como a outra esencia de Galicia e dos seus habitantes.

BECAS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA PARA ALUMNOS DE ESO E BACHARELATO DE GALICIA

Convocadas as axudas para Inmersión lingüística de inglés dirixidas a alumnos de ESO e Bacharelato no verán 2011.Prazo de presentación de solicitudes:Do 12 de marzo ao 11 e abril.

Máis información en  https://www.edu.xunta.es/axudasle/   

 

 

Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacaciones, para el verano de 2011.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO, nº 35, Jueves 10 de febrero

Resolución de 27 de enero de 2011, de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se convocan ayudas para el Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacaciones, para el verano de 2011.

Convócanse axudas para alumnos de 1º ESO para estadías quincenais durante xullo ou ben agosto do 2011 en colonias de vacacións para actividades de inmersión no inglés en distintos lugares do territorio español. Os requisitos e bases para optar a estas axudas saíron publicados no BOE indicado arriba. A idade dos participantes non poderá superar os 13 anos con data do 31 de decembro do 2011. O prazo para solicitar as axudas remata o día 7 de marzo do 2011.

O Seminario de Inglés do IES Perdouro.

ROBIN WALKER : CHARLA CULTURAL SOBRE AS ANTÍPODAS

CHARLA CULTURAL SOBRE AUSTRALIA E NEW ZEALAND

Robin Walker, profesor de inglés involucrado no ensino do inglés a nivel internacional e colaborador de Oxford University Press España e a Universidade de Oviedo, brindou unha conferencia distendida sobre dous países de fala inglesa que coñece de preto: Australia e Nova Zelanda, baixo o título: As Antípodas. A actividade, dirixida aos alumnos de 3º ESO, celebrouse na biblioteca do IES Perdouro o día 24 de novembro en horario de 10.30 a 11.15.

Neste acto os alumnos, que traballaran previamente a través dunha webquest e da proxección de dous vídeos aspectos culturais e xeográficos destes países, formularon preguntas en inglés a Robin Walker ao remate da súa intervención. Na súa exposición, o conferenciante insistíu na singularidade de Australia e Nova Zelanda, dous territorios coa súa propia identidade.

Como producto final, os grupos elaborarán unha breve reseña dos aspectos que a nivel individual máis lles chamaran a atención ou máis lles gustaran sobre esta actividade.

 

ENGLISH DEPARTMENT

EQUIPO DIDÁCTICO :

  • Ana Isabel Bugarín Saracho: Profesora de Ensino Secundario e titora de 2º bacharelato
  • Salomé Iglesias Romero: Profesora de Ensino Secundario.
  • Dolores Prieto González: Profesora de Ensino Secundario  e Xefa do Departamento


LIBROS DE TEXTO 2010-2011:

  • 1º E.S.O.:  “ENGLISH ALIVE 1”: Student’s Book, Workbook e CD. O.U.P.
  • 2º E.S.O.:  “ENGLISH ALIVE 2”: Student’s Book, Workbook e CD. O.U.P.
  • 3º E.S.O.:  “Macmillan Secondary Course 3”: Student’s Book, Workbook e CD.
  • 3º E.S.O. P.D.C.: Manuais adaptados ao nivel de 3º ESO e axeitado ao tipo de alumnado que cursa o programa de diversicación curricular.
  • 4º E.S.O.:  “ENGLISH ALIVE 4”: Student’s Book, Workbook e CD.
  • 4º E.S.O. P.D.C.: Manuais adaptados ao nivel de 4º ESO e axeitado ao tipo de alumnado que cursa o programa de diversicación curricular.
  • 1º BACH.:  “Distinction 1 Bacharelato”: Student’s Book, Workbook e CD. Oxford.
  • 2º BACH.:  “Time for English 2”: Student’s Book, Workbook e CD. Heinemann.

Actividade de inmersión lingüística no inglés

Os alumnos de 2º de bacharelato tiveron a oportunidade de coñecer a Anik Nandi, sociolingüista da Bengala do oeste, que está a realizar a tese doutoral na universidade de Santiago de Compostela, e aprender acerca das sociedades plurilingües e as linguas minoritarias. Anïk comparou o contexto sociolingüístico de Galicia coa diversidade lingüística do seu país natal. Entre outros idiomas, en Bengala úsanse frecuentemente bengalí, hindú, sánscrito e inglés. Ó final do debate e tras responder ás preguntas do alumnado, Anïk regalounos unha tarxeta con cada un dos nosos nomes en bengalí, o que permitiu que a súa intervención tivese un carácter máis informal. Encantounos a todos!O galego e o inglés foron as linguas empregadas durante este acto, tanto por parte dos alumnos como por parte de Anïk. Quedou claro que o inglés é fundamental para expresarse a nivel internacional, mais que tamén debemos estar orgullosos do galego, a lingua materna. A diversidade de linguas é tan importante como a biodiversidade. Esta foi unha actividade de inmersión no inglés, na que os alumnos non só escoitaron a Änik expresarse en inglés senón que lle fixeron preguntas neste idioma. Por outra banda, esta actividade fomentou a competencia multilingüe cando o conferenciante describía algunhas das tradicións culturais do seu país.

Wikis de Inglés

No seminario de Inglés, as novas tecnoloxías estánse a traballar a través de dúas wikis.

Os enlaces son:

http://englishlabperdouro.wikispaces.com/

http://perdouroenglishproject.wikispaces.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut