Skip to Content

Imaxe Persoal

II Congreso de Imaxe Persoal

O vindeiro luns 29 de xaneiro de 8:30 h. a 14:00 h. terá lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a segunda edición do ciclo de conferencias de imaxe Persaol. Esta ano o "II congreso de Imaxe Persoal" leva por título Adaptándose ao presente e ao futuro. Os contidos deste congreso están deseñados para o alumnado, profesorado de Imaxe persoal e para as empresas colaboradoras nos programas de FCT. 
 
O Dr. Salvador Ramos Rey, Director médico de Spa Loida (A Coruña), abrirá o congreso cunha conferencia titulada O Impacto do cancro na imaxe persoal. Tratará o impacto socio-sanitario do cancro na sociedade actual. Falará da atención na imaxe persoal dos pacientes en relación ás secuelas que provocan os tratamentos oncolóxicos desta enfermidade. 
 
A segunda conferencia Cirurxía de trasplante de cabelo coa técnica FUE será impartida por Javier Rouco Martínez, Xefe de Departamento do Ciclo de Imaxe Persoal do centro. O trasplante de cabelo coa técnica FUE (Follicular Extraction Unit) é un trasplante dos máis avanzado para tratar calvicies e alopecias tanto en homes como mulleres. É unha técnica de microinxerto capilar para unha redistribución sistemática dos folículos pilosos que consiste na introducción de pequeños inxertos de coiro cabeludo. 
 
 

Imaxe Persoal

Accede ao blogue do Departamento aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut