Skip to Content

CHARLA EDUCATIVA SOBRE O REINO UNIDO

CHARLA CULTURAL DA EDITORIAL BURLINGTON BOOKS DIRIXIDA A ALUMN@S DE TERCEIRO DE E.S.O

 

    O día 26 de outubro, os alumn@s de terceiro de ESO asistiron a unha charla educativa na biblioteca do IES Perdouro en horario de 10.10 a 11:00 brindada pola Editorial Burlington Books. A través dunha conferencia e a miúdo en clave de humor participaron nunha actividade cultural sobre o Reino Unido. Tratáronse temas como: A división territorial do Reino Unido, as capitais dos diferentes estados, a familia real británica, as tradicións culinarias, etc. A través de xogos como o dun programa concurso (Queres ser millonario?), os alumn@s participaron de xeito activo nesta actividade en calidade de concursante e espectadores. Moitos concursantes recibiron como premio bolígrafos e libros. Noraboa a todos polo interés mostrado nesta actividade.



page | by Dr. Radut