Skip to Content

Cliphistoria

Cliphistoria, un recurso para estudar Historia de España a través do cine.

Cliphistoria é un canal de youtube que ofrece infinidade de secuencias de películas de cine relacionadas cos distintos momentos e aspectos da Historia de España. Tamén inclúe clips obtidos de series de televisión e documentais. Tratase dun recurso didáctico de indubidable valor que pretende ser ao mesmo tempo unha reivindicación do cine español e iberoamericano. Está organizado en varias listas de reproducción que recorren as diferentes etapas da Historia española asta 1936: Idade Antiga, Idade Media, Renacimento e Reis Católicos, A monarquía dos Austrias, Os Borbóns asta 1808, Independencias e Fernando VII, Isabel II e o Sexenio democratico, Alfonso XII, Alfonso XIII e a II República. Cada clip ou secuencia aparece perfectamente contextualizada tanto en relación coa época ou acontecimento ao que se refire como na película da que están extraídas.



page | by Dr. Radut