Skip to Content

Premios 2014-2015

Premios Curso 2014-2015

Outro premio para Maka!!

 
Macarena Ledo, a nosa alumna de 1º de bach, recolleu este pasado venres, no acto de entrega do certame de poesía infantil de Nadal convocado pola Biblioteca Municipal de Burela, o 2º premio!!!! Parabéns Maka!!!!!

O vídeo “As cousas de antes” do IES Perdouro gaña o concurso ‘Curtas co móbil da axenda dixital de Galicia 2020’

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar este sábado os dous vídeos premiados do concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’. A curta máis votada foi “As Cousas de antes” do IES Perdouro de Burela, seguida de “Revivamos Galicia” do IES de Cacheiras do Concello de Teo.

Este foi o resultado de 10 días de votacións que remataban onte, 19 de decembro. Durante este período os internautas podían votar a través de www.facebook.com/amtega, no apartado “Curtas Finalistas ADG2020” os vídeos que consideraran que mellor representaban o futuro de Galicia a través das novas tecnoloxías.

O vídeo gañador, “Cousas de antes”, recolle a conversa entre un neno e a súa avoa sobre como era a vida no pasado para realizar un traballo escolar. A avoa compara a realidade tecnolóxica do ano 2050, no que se ambienta a acción, coa do ano 2014 e mesmo coa de épocas anteriores. A conclusión é que os avances tecnolóxicos melloraron o benestar social.

O premio é unha tablet para cada alumno responsable do vídeo máis votado e unha minitablet para cada un dos alumnos responsables do segundo vídeo máis votado. Ambos os dous vídeos gañadores están publicados no facebook da Amtega (www.facebook.com/amtega).

Máis de 40 curtas de toda Galicia

O concurso “Curtas co Móbil”, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos é unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta, que está a elaborar a Amtega.

Ao certame presentáronse un total de 44 curtas de 16 centros educativos das catro provincias galegas. Neste concurso de curtas co móbil os mozos e mozas participaron en grupos dun máximo de 5 persoas, e amosaron a súa destreza cinematográfica coa gravación dun vídeo dun máximo de 3 minutos de duración onde visualizan como imaxinan que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro. Os vídeos presentados tamén se poden ver na canle de facebook da Amtega no apartado “Curtas ADG”.

Os vídeos recibidos foron valorados por un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Novas Tecnoloxías, formado por 2 representantes da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), 1 representante de la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e 1 profesor de ESO/Bacharelato, que preseleccionou cinco vídeos finalistas.

Participación na elaboración da ADG 2020

O concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’ forma parte da campaña para a participación cidadá no proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020 levada a cabo dende a Amtega.

A nova folla de ruta en materia tecnolóxica presentarase no primeiro trimestre de 2015 e estase a elaborar en base a un modelo de intelixencia colectiva, contando coas achegas das institucións públicas, axentes sociais e económicos e da sociedade galega.

Nota de prensa recollida en Crónica3.com

Dádelle Gústame para apoiar a Mónica, Noa e Emma!!!!

Alumnas de TIC de 1º de bacharelato encontranse na final do concurso de cortos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Entrade no Facebook de AMTEGA https://www.facebook.com/amtega e dádelle ao "gústame" no vídeo "As cousas de antes", obra de Noa Expósito, Mónica Palacios e Emma Valle. Tedes ata o 19 de decembro para votar a través de www.facebook.com/amtega, no apartado "Vídeos”.
Sorte rapazas!!!!

Premio para Maka Ledo

Felicitamos a nosa alumna de 1º de bach, Macarena Ledo, polo premio acadado no concurso de microrelatos contra a violencia de xénero convocado polo concello de Burela!!!! Parabéns Maka!!!!!
 

 

 

O noso recoñecemento a Antón Mazaira López, alumno de 2º de ESO

Antón Mazaira López, alumno de 2º ESO, forma parte da oitava promoción do proxecto de estímulo de talentos matemáticos de Estalmat. Esta mañá tivo lugar na Facultade de Matemáticas o acto inaugural onde Antón puido recoller a súa acreditación. O noso alumno foi seleccionado o pasado mes de xuño entre os 298 rapaces e rapazas que se presentaron ás probas. 

Transmitímosche, Antón, os nosos parabéns!!!! Orgullosos de ti!!!

Recortes de prensa da Voz de Galicia e Voz da Mariña(16/12/14)

Distribuir contido


by Dr. Radut