Skip to Content

Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

Programa KTORCE-18 - Programa de prevención de condutas infractoras, lei do menor

Celebrouse o martes, día 20 de outubro, unha charla divulgativa para alumnos de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Ana Pérez Figueroa, Educadora Social e Coordinadora da Área de Conflito Social da Asociación ARELA, foi a responsable de impartir o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores ós seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta. Seguir lendo en Perdourando.

Ruta Samos - O Cebreiro 3º ESO

O xoves 15 de outubro os alumnos e alumnas de 3º da ESO viaxaron ata Samos e O Cebreiro. A actividade foi programada polo Dpto. de Relixión. Ler a crónica de Laura Fernández Galán no blogue de Perdourando. Ademais podes volver a vivir as visitas e parte do camiño visionando a reportaxe fotográfica.

Viaxe a Lugo dos alumnos de 2º ESO

O pasado venres 23 de outubro os alumnos de 2º de ESO viaxamos a Lugo co propósito de visitar a  exposición divulgativa ‘Explorística: Aventuras na Estatística’ no Pazo de San Marcos, mostra que nos permitíu achegarnos a conceptos de Estatística e Probabilidade de xeito experimental. Fixemos actividades interactivas relacionadas coas matemáticas e coa axuda de noso profesor de mates, Manuel Vilariño, entendimos e razoamos.
 
Aproveitando que estábamos na capital da provincia, visitamos a Catedral de Lugo da man de Maribel Crecente, a nosa profesora de Ciencias Sociais, e paseamos pola Muralla. Enterámonos de moitos temas que non sabiamos, e explicáronnos moitas cousas que non entendiamos. Realizamos actividades con fichas nos dous sitios. Logo fomos ás Termas e os profesores deixáronnos tempo para que nos divirtáramos. Despois diso voltamos para Burela. Foi unha actividade moi boa para todos os alumnos porque disfrutamos coas actividades e o tempo libre que tivemos.
 
 
Crónica de Adilson Somedo Varela 2º A

Alumnos do Ciclo Medio de Imaxe Persoal visitaron a expofeira internacional de beleza e estética este fin de semana en Madrid.

Alumnos do Ciclo Medio de Imaxe Persoal visitaron a expofeira internacional de beleza e estética este fin de semana en Madrid.


Máis de 1.200 marcas nacionais e internacionais relacionadas co mundo da beleza están presentes en Ifema con motivo da celebración da 18ª edición do Salón Look Madrid, a feria da Imaxe e Estética Integral.

O salón, que terá lugar ata o vindeiro día 26 de outubro, conta tamén con 370 empresas expositoras directas, que mostrarán ao visitante a súa oferta de innovacións e os seus últimos lanzamentos, segúndo informaron en Ifema, entidade organizadora, no comunicado de prensa.

Firmas como Cyclone, Keenwell, Nyxx, Alessandro, Moroccanoil ou Sisheido, referentes en estética, maquillaxe, uñas ou peluquería estarán presentes, entre outras, nun salón que tamén acollerá numerosas ponencias de eminencias en beleza con motivo da oitava edición do Congreso de Estética.

Prestixiosos expertos como as doutoras María Vitale, Concepción Llorens, Sandra de Oliveira ou Gloria Sabater; as esteticistas Consuelo Silveira, Rosa María Cruz e Cristina Galmiche; a especialista en marketing, Sonia Bonhevi e a profesora brasileira Cacia Rusenhack estarán presentes nas diferentes mesas redondas e ponencias no congreso.

Ademáis no pavillón 14.1 de Feria de Madrid -fogar habitual da Fashion Week Madrid-, se situará a pasarela Hair Look, donde se desenvolerán exhibicións de peluquería a cargo de destacadas figuras nacionais e internacionais.

Asimismo, Salón Look Madrid 2015 acollerá a cuarta edición da Galería de Innovación, donde se mostrarán as propostas máis revolucionarias do mundo pertencentes aos sectores de cosmética natural, estética, peluquería, medicina estética, uñas e maquillaxe.

 

Semana europea da mobilidade - charla de educación viaria - 4ºESO

Outra das actividades levadas a cabo dentro da semana europea da mobilidade foi unha charla de educación viaria impartida pola Policía Local de Burela destinada ao alumnado de 4º da ESO, centrada na seguridade tanto en desprazamentos a pé, en bicicleta como en ciclomotor. 

1º ESO - Día europeo da mobilidade

Co motivo da celebración da Semana europea da Mobilidade, o alumnado de 1º de ESO formouse en educación viaria nun circuito de karts instalado no pabellón dos institutos e a través dun xogo de preguntas sobre o tema. A actividade organizada polas monitoras de GAIA tivo lugar o luns 21 pola tarde. O lema desta edición foi “Elixe, cambia, combina, a túa mobilidade”. Seguir lendo no blogue de Perdourando.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut