Skip to Content

Que está acontecendo?

LETRAS GALEGAS - LOIS PEREIRO, LIBROS NA BIBLIOTECA DO PERDOURO

Podes ler os poemas de Lois Pereiro, a súa bibliografía e escoitar o seu recital no Pub Moka da Coruña en 1996.

 

       

LIBROFORUM - FERNANDO LALANA, EL ULTIMO MUERTO

Libro Forum Fernando Lalana IES Perdouro

Tivemos esta maña a visita do escritor de literatura xuvenil, Fernando Lalana, que recibiu, o pasado mes de outubro das mans da princesa Letizia, o Premio Cervantes Chico 2010 - o Cervantes da Literatura Xuvenil - . (Noticia en RTVE)
 
Este venres 18 de marzo, a biblioteca do IES Perdouro recibiu a visita do escritor aragonés Fernando Lalana. Moitos dos alumnos do centro puideron ler algunhas das súas fantásticas obras. Lalana xa visitara o IES Perdouro anteriormente e coma sempre recibiunos cun gran sorriso e respostas a todas as preguntas do alumnado presente no encontro.
 
Nesta visita acudiron os alumnos de 3º da ESO coa súa profesora de Lingua Castelá, Maria Dolores Reimunde, e o alumnado do clube de lectura, moderado pola profesora Juana Bernárdez do Departamento de Lingua Castelá.
 
O autor fixo unha pequena introdución tratando os aspectos máis relevantes do seu libro de intriga El Ultimo Muerto. Explicou que se trata do cuarto e último libro da Saga de Fermín Escartín, un peculiar e desastroso detective privado. A continuación iniciouse unha rolda de preguntas. Comentou cuestións en canto á elección do título da obra así como da súa portada. Os alumnos e alumnas aproveitaron esta oportunidade para facerlle preguntas sobre a vida que leva a diario un escritor, a súa formación, a narración, sobre os seus personaxes entre outras moitas cuestións polas que os rapaces tiñan curiosidade.
 
Para finalizar a su visita, Lalana asinou os libros do alumnado moi agradecido e satisfeito coa colaboración que mostraron os alumnos e alumnas do IES Perdouro.

LIBROFORUM - FERNANDO LALANA

O ESCRITOR GALARDOADO PREMIO CERVANTES CHICO 2010 FERNANDO LALANA VISITA A BIBLIOTECA DO  I.E.S. PERDOURO

Mañá, venres, 18 de marzo ás 12 da mañá, contaremos na biblioteca do I.E.S. Perdouro coa visita do recoñecido escritor zaragozano Fernando Lalana, autor de máis de 80 libros infantís e xuvenís. Foi galardoado con numerosos premios, entre eles o Gran Angular de novela coas súas obras El zulo, Hubo una vez otra guerra e Scratch; o Premio Barco de Vapor por Silvia y la máquina qué; ou o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil por Morirás en Chafarinas, obra que foi levada ao cine en 1995 con este mesmo título polo director Pedro Olea, e ultimamente o Premio Cervantes Chico 2010, que lle foi outorgado polo Concello de Alcalá de Henares xunto coa Asociación de Libreiros e Papeleiros complutenses, para recoñecer a súa labor de escritor de literatura infantil e xuveni

Nesta terceira visita ao I.E.S. Perdouro, pois xa estivera aquí no ano 2001 falando do seu libro El paso del Estrecho e no ano 2009 comentando a súa novela La Tuneladora, ven a charlar co alumnado de 3º de E.S.O. sobre a novela que veñen de ler, El último muerto, publicada pola editorial Bambú en abril do 2010, intrigante relato que ten como protagonista ao detective Fermín Escartín, tamén protagonista doutras das súas obras como El asunto Galindo e La Tuneladora.

LIPDUB DO IES FONTEM ALBEI - A FONSAGRADA

15 DE MARZO - DÍA DO CONSUMIDOR

Un documental moi recomendable....

 

El documental - Comprar, tirar, comprar


SEMANA DA PRENSA

Escolma de recursos para traballar sobre a prensa e os xornais.

EMPAZAMOS - III ENCONTROS DA BANDA DESEÑADA NA MARIÑA

Aquí tedes unha presentación eleborada polo equipo de biblioteca do IES Rafael Diestre, Arquivos do Trasno, onde poderedes ver como o mundo do cómic invade as rúas de Bruselas.

View more presentations or Upload your own.

MALETA VIAXEIRA NO VISTA ALEGRE - RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

  Os libros da "Maleta Viaxeira" están de novo cos rapaces do Vista Alegre.
Despois do éxito acadado na súa primeira viaxe adicada especialmente aos cómics, achégase nesta ocasión ao cole, coas ganas de ensinarche o seu contido cheo de aventuras, amor, desamor, medo, suspense, risas... anímate e disfruta neste Nadal da compañía dun bo libro desta simpática Maleta Viaxeira!


BO NADAL A TODOS!

 

 

 

IL ÉTAIT UNE FOIS... CUENTOS SILENCIOSOS

Un fermoso libro ilustrado de Benjamin Lacombe, maestro do Pop-up. Esta verdadeira obra de arte, xoia do séptimo arte, que nos invita o soltar a nosa imaxinación, xa saiu á venta en España. 

Aquí vos deixo un vídeo precioso! 

AUGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ REXEITA O PREMIO DA CULTURA GALEGA DAS LETRAS

 
Augustín Fernández Paz rexeita o Premio Cultura Galega das Letras logo da serlle outorgado. Acóllese aos motivos de Prolingua para argumentar a súa negativa a aceptar o galargón:
 
  Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos «Premios da Cultura Galega», manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega.
 

 
 
 
Coñecer máis sobre os premios outorgados no Xornal.com

BIBLIOTECA - PRESENTACIÓN

III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia

  Karina Parga e Mª José Andión participaron este pasado fin de semana (29 e 30 de outubro) os III Encontros de Bibliotecas Escolares que se celebraron en Santiago no Pazo de Congresos.

Variación sobre a lectura

No seguinte espazo Moodle, podedes acceder como convidato a toda a información e presentación dos ponentes.

 

MALETA VIAXEIRA ESPECIAL BANDA DESEÑADA

A MALETA VIAXEIRA XA ESTÁ CONNOSCO!
 
 
Os alumnos/as de 2º da ESO do IES PERDOURO son os/as encargados/as, durante todo o mes de novembro, de mostrar o contido da maleta viaxeira, unha estupenda selección de cómics, a todos os seus/súas compañeiros/as.

Achégate ao noso quiosco sobre rodas; estamos no patio, na hora do recreo, todos os días dende o pasado xoves ata finais deste mes.
 
Agardamos a túa visita!
 
 

ACTO DE INAUGURACIÓN DE BIBLIOPERDOURO - LUIS RAMILO MACHADO

Hoxe, 25 de outubro, damos por inaugurado a nosa biblioteca, BiblioPerdouro. Contamos coa persoa e compañeiro e membro do equipo de biblioteca, Luís Ramilo (docente do Departamento de Imaxe Persoal) que nos presentou o seu libro  Soños chuchados en apreixos furtados.

 
Soños chuchados en apreixos furtados on PhotoPeach

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - 24 DE OUTUBRO

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - 24 DE OUTUBRO
A Consellería de Educación leva xa dous anos difundindo aos centros o cartel que potencia a biblioteca como un espazo educativo cheo de recursos e oportunidades para toda a comunidade escolar. Marina Seoane, ilustradora madrileña pero xa asentada en Galicia, foi a encargada de realizar o cartel deste ano 2010, ano do libro.

"Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades" é o lema deste ano. Preténdese resaltar o importante papel que acadaron as bibliotecas escolares e o traballo dos profesionais implicados nesta tarefa.

A biblioteca é un medio facilitador da aprendizaxe porque nos permite acceder a múltiples recursos, de coñecer o traballo de persoas diversas e tamén de dar a coñecer o noso: unha canle colaborativa e desinteresada, UN MUNDO DE OPORTUNIDADES á nosa disposición.

Para inaugurar as actividades de BiblioPerdouro, este luns 25 de outubro, contamos coa persoa e compañeiro, Luís Ramilo (docente de Imaxe Persoal) , que nos deleitou coa compañía do seu Pregoeiro e coa maxía do seu libro Soños chuchados en apreixos furtados.

Ademais deste acto de inauguración, imos preparar unha exposición de recomendacións de libros que nos deixaron pegadas.
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut