Alumnado e familias

HOMENAXE A MONCHO IGLESIAS

Hoxe, 15 de xaneiro de 2021, o alumnado rendeu unha emotiva homenaxe ao noso admirado profesor Moncho Iglesias. Nesta homenaxe, tanto o profesorado coma o alumnado adicou agarimosas palabras a Moncho, ben a través de audios ou escritos.

 


Antía Abalde compartiu esta bonita montaxe:

Que a terra che sexa leve, querido Moncho. Sempre no noso corazón.

VOLTA ÁS AULAS

Retomaremos a actividade lectiva o

luns 11 de xaneiro de 2021

(o 8 de xaneiro de 2021 foi escollido como día non lectivo de centro)

 INFORMACIÓN IMPORTANTE Y ORGANIZACIÓN GENERAL DEL CENTRO 2020-21 – CEIP  Santa Úrsula

FESTIVAL NAVIDEÑO VIRTUAL

E rematou a primeira avaliación!

E a pesar dos medos e incertezas deste atípico inicio de curso, puidemos asumila, co esforzo de todas e todos: alumnado e familias, profesorado e persoal non docente do IES Pino Manso. 

GRAZAS E NORABOA!!!!!!

A COVID 19 tamén impón unha forma diferente de dar a benvida ao Nadal dende o instituto, que materializamos neste modesto festival virtual.

En primeiro lugar presentamos un vídeo elaborado por Juan Carlos con debuxos do alumnado de EPVeA de 3º e 4º de ESO e de Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bac:

 

 

O alumnado de 1º ESO D preparou na materia de ITI o informativo "ESPECIAL NADAL":

 

 

O grupo de Música de 4º ESO preséntanos unha percusión corporal coa canción  Santa Claus is coming to town interpretada por Justin Bieber:

 

 

O alumnado, profesorado e persoal non docente adicamos o seguinte vídeo a todas as familias (grazas, Patricia, pola súa edición):

 

 

E para rematar, un vídeo sorpresa (grazas, Monique, por editalo):

 


 

 

FELICITACIÓN IES PINO MANSO

Entre os traballos do alumnado de 1º de ESO na materia de EPVeA, o de Saúl Lorenzo foi o elixido. Gracias ao alumnado e ás profesoras de EPVeA, Sonia e Susana, pola súa implicación.

 

#GivingTuesday

  • Recollida específica de alimentos, leite e produtos de hixiene para bebés
  • IES Pino Manso: punto de recollida.

 

VOTACIÓN LOGO Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño

Dende a OMIX pídennos que vos transmitamos a seguinte información:

 

O Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Porriño estrea o seu propio perfil en Instagram cunha votación para coñecer cal será o seu logotipo.

Animamos a participar nesta votación a toda a comunidade educativa do Porriño.

https://www.instagram.com/infanciadoporrino/ 

O obxectivo é ofrecer unha nova canle de comunicación coa poboación máis nova do concello e darlle maior visibilidade ao traballo realizado polo Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia do Porriño que é un órgano de participación que ven funcionando nesta vila mesmo antes do seu recoñecemento como “Cidade amiga da infancia” por parte de UNICEF, dende 2018.

A iniciativa enmárcase nas actividades previstas para este mes de novembro en relación a conmemoración do Día dos Dereitos da Infancia, e que inclúe a dinamización da participación nos centros educativos, a participación dun representante do consello no encontro autonómico do día 17, a celebración dun pleno infantil o propio día 20 de novembro, e a iluminación da fachada do concello ese mesmo día.

Trátase dunha nova canle de participación na que nenas, nenos e adolescentes do Porriño poderán coñecer o traballo que realiza este órgano consultivo municipal, formado por representantes de todos os centros educativos do concello.

O perfil xa está activo en https://www.instagram.com/infanciadoporrino/  e para dalo a coñecer, dende a Concellería de Educación do Concello do Porriño e a Oficina de Información Xuvenil (OMIX) que son os impulsores desta iniciativa dos propios rapaces, organizaron unha votación. Trátase de elixir o que será o logotipo que represente ao Consello Municipal de Infancia e Adolescencia en cada un dos seus actos.

Para participar na votación teredes que seguir a este perfil en Instagram e comentar cal é o logotipo que máis vos gusta.

 

 

O luns 4 de novembro o alumnado de 1º ESO do Pino Manso terá unha primeira sesión en relación ao Pleno do 20 de novembro.

 

 

Distribuir contido