Eclipse de Sol o 20 de Marzo

O venres 20 haberá unha eclipse de sol que aqui será de forma parcial (No Ártico será unha eclipse total). O Observatorio Ramón María Aller da UDC, organiza unha observación a que se pode asistir sen necesidade de inscribirse. A eclipse empezará as 9:05, terá o máximo as 10:09 e rematará as 11:18.

A observación do sol nunca pode ser directa, xa que a intensidade da luz do sol (non solo da visible) pode danar os ollos. Hai unhas gafas preparadas, que se poden mercar, ou usar métodos de observación indirecta. Neste artigo de Gciencia tedes algúns consellos para facer a observación con seguridade.

Tamén pódese seguir pola rede dende as páxinas de o Real Instituto de Observación de la Armada o dende a páxina de Misión Eclipse

Esta eclipse ten a peculiaridade de que vai coincidir co equinoccio de primavera, é dicir co momento no que a primavera empeza. A última vez que pasou foi o 20 de marzo de 1662 e volverá pasar o 20 de marzo de 2034.

Disfrutade da eclipse!!

 

 

Efectos  do eclipse entre as follas das árbores (banco de imaxes do mec)