Lingua galega, Orientacións didácticas, Anuncios, Actvidades, Información sobre o departamento

INFORMACIÓN E ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA

TAREFAS A REALIZAR POR CURSOS 

1º DE ESO

2º DE ESO

3º DE ESO

4º DE ESO

1º DE BACHARELATO

2º DE BACHARELATO

Blog da aula de Lingua galega de 1º de ESO

Blog da aula de Lingua galega de 1º de ESO

Ola:

Somos os de 1º de ESO, esperamos que vos guste este blog que parece que nos vai dar moito traballo, mesmo desde que lle buscamos o título. Houbo moitas propostas e en case todas ían as palabras lingua e primeiro, por iso a profe decidiu deixalo así: Primeira lingua para que tivese máis significados.


Aquí poderedes ver recomendacións de libros, cousas que nos gustan, textos que escribimos, e moito máis!


Ah! e convidámosvos a que nos fagades algún comentario.

Por se alguén non foi quen de ver a ligazón de entrada: preme aquí!

Literatura contra o maltrato

O último dos actos desenvolvidos no noso centro para sumarnos á loita contra a violencia machista foi unha exposición de textos e un maratón de lectura. Graciñas a Carmen Navarro Ilustración por deixarnos usar unha das súas obras na portada do vídeo e a toda a comunidade educativa que colaborou con esta actividade. Agardemos que nun futuro non moi lonxano non teñamos xa que lembrar o 25 de novembro.

 
 

Visita de Andrea Maceiras

A nosa segunda autora dentro da sección O Curruncho das Escritoras foi Andrea Maceiras. O alumnado de 3º ESO leu a súa novela Europa Express e fíxolle todas aquelas preguntas que lle xurdiron tras a súa lectura. Puidemos comprobar que é unha obra que lles gustou. Foi un pracer tela connosco.
 
 

Visita ao Museo do Mar (Vigo)

Os departamentos de Lingua Galega, Xeografía e Historia, Música e o Equipo de Dinamización e Normalización organizamos unha visita ao Museo do Mar en Vigo co alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato. Foi a ocasión perfecta para poder ver o Pergamiño Vindel, que contén as sete cantigas de amigo compostas por Martín Códax no século XIII, aproveitando que estará alí exposto ata o vindeiro 4 de marzo.

   
   

Tras pasar a mañá no Museo, antollouse boa idea viaxar en barco ata a Illa San Simón, co gallo de coñecer o seu pasado histórico como leprosaría, cárcere ou fogar de orfos. O tempo acompañou, polo que se puido gozar desta paisaxe única.

   
 

Descargar álbum completo

III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE

CARME URRUTIA GONZÁLEZ-FIERRO, DO IES A PONTEPEDRIÑA, FOI A GAÑADORA DO III CERTAME LITERARIO RELATOS DE AUGA INTELIXENTE.

 

        Carmen Urrutia, do IES A Pontepedriña (primeira pola esquerda) gañou  o III Certame literario Relatos de Auga Intelixente, organizado por Viaqua, na categoría de ESO, co seu relato “ Un balde de auga”. Este traballo foi  coordinado pola profesora do Departamento de galego, Mari Carme García Ares.

 

         Aqui aparece coa outra vencedora da categoria de Bacharelato e segundas clasificadas, no acto que se celebrou no concello para recibir os seus premios. Este acto estaba presidido polo edil de Educación e contaba coa presencia do director de Viaqua, Julio Masid, de membros da Corporación Municipal en representación de todos os partidos políticos e do xurado do premio.

 

         A este premio presentáronse 561 relatos de alumnos e alumnas de toda Galicia.

Concurso de Viaqua: Relatos de Auga Intelixente

http://www.viaqua-sa.es/ga/noticias/240/0/catro-escolares-de-centros-educativos-compostelans-ganan-os-premios-do-iii-certame-ldquo-relatos-de-auga-intelixente-rdquo-

A nosa alumna de 1º de ESO, Carmen Urrutia González-Fierro, resultou ganadora do concurso de Viaqua co seu poema Un balde de auga. Estaremos na entrega de premios a próxima semana.

Parabéns!!!

O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate

Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000000624 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000000608

O IES “A Pontepedriña” foi o gañador da fase zonal do Club de Debate

Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000001435 StartFragment:0000000454 EndFragment:0000001419

Estaremos na fase final que terá lugar en Santiago o día 6 de maio.

 

      O equipo formado por Víctor López Sayáns, Carmen Aguilera Paredes, Desirée Mosquera Penas, Xoán Domínguez San José, Carla Gómez Beiroa, Sofía Sánchez-Brunete Facal e César Queijeiro Suárez, está preparado polas profesoras Mariló Lagarón e Carme García.

 

 

A temática sobre a que tiveron que debater os sete equipos participantes foi:

 

“Debemos acoller as persoas refuxiadas”

 Na fase final o tema sobre o que debatirán será:

“O futuro da lingua está na mocidade” 

 

Cartas de San Valentin e máis en Normalización Lingüística

Premendo aquí pódese accrder aos gañadores do concurso de "Cartas de san Valentín" e máis novas relacionadas con Normalización.

 

Obradoiros de portugués no IES de Pontepedriña

O martes, 13 de febreiro, celebrarase o último obradoiro de portugués deste ano. Foron oito en total, dirixidos a máis de 200 alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Con estes obradorios, o alumnado aprendeu que doado é aprender portugués e cantas portas (culturais, económicas e sociais) nos abre o coñecemento do galego no mundo lusófono. O obxectivo final é demostrar que a vantaxe competitiva dos galegos e galegas está na nosa lingua.

Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Santiago e os monitores encargados (Henrique e Loaira) forman parte de AGAL (Associaçom Galega da Língua)

Distribuir contido