Lecer e xuventude

Guía de Nadal

Da nosa Biblioteca... LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE NADAL ... que aproveite :)

 

preme na foto para ver en grande 

                          

Organizacións

A continuación se recollen ligazóns ás páxinas de algunhas organizacións de tempo libre presentes en Compostela, por se queres contactar con elas, coñecer o que fan ou participar nas súas actividades.

Se coñeces outras que consideres interesante incluír nesta relación por favor fáinolas chegar, indicando se é posibel o nome da páxina, a que se dedican e unha descripción breve das súas actividades. Así mesmo, de atopares algún erro na información seguinte, por favor, indícanolo.

  • Adega Compostela, integrada en Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza): ten unha estructura comarcal para achegarse á problemática das distintas zonas do país, neste caso a da comarca compostelán. Realiza propostas de actuación  para a millora do medio ambiente. Promove actuacións de Educación Ambiental para coñecer algúns aspectos relevantes desta zona do país. Denuncia de problemas medioambientais. Colabora co Concello para crear un parque forestal en Aríns.
  • Asociación Recreativa Cultural Os Tilos: Colectivo do Concello de Teo. Directiva, estatutos, actividades (cursiños, deporte...) e foro. Concurso de poesía, deportes, ...
  • Club Deportivo Fontiñas: punto de encontro para todos/as aqueles que lles interese a práctica do deporte nas diversas modalidades que se propoñen, tanto nas actividades semanais locais como nas de fin de semana que propón a sección de montaña
  • Mocidade Solidaria, do Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago. Campañas: dinamización á lectura, educación para a saúde... asociacionismo xuvenil, voluntariado, programas europeos e outros contidos dirixidos á mocidade.
  • Carricanta (asociación de tempo libre pertencente á asociación Itaca): Deporte (camiñatas,...) tempo libre e natureza. Montañismo, charlas, cursiños, revistas, cultura en xeral.
  • Brisas da Terra, Santiago: asociación folclórica integrada na Federación Galega de Asociacións de Danza. Para mandarlles un correo preme nesta ligazón.
  • Asociación Mistura, A Estrada: asociación de tempo libre.
  • Raiceiros, Sarandón (Vedra): asociación de gaiteiros.
  • Ultreia: clube ciclista. Saídas.
  • Atletismo Sar: clube de atletismo.

Nas páxinas seguintes podes consultar as asociacións galegas e doutras comunidades que interveñen nos ámbitos que se indican.

Distribuir contido