Latín, Orientacións didácticas, Anuncios, Actividades, Información sobre o departamento

LATÍN E GREGO

Para Grego I e Latín I seguimos a AULA VIRTUAL. Na mesma se transmiten as instruccións e os novos materiais. Tamén nos comunicaremos vía grupo de whatsapp e facer videochamadas un-a-un.

Para Grego II e Latín II seguimos a AULA VIRTUAL para transmisión de textos ou explicacións, e Skype para impartir clase. Temos un grupo de traballo en Skype para cada curso, e puxemos horas fixas para xuntarnos, durante as que correximos as dúbidas do traballo que fixeron e explico o material novo.

Concurso Odisea

Gloria Rodríguez, compi do Dpto. de Latín e Grego, animou o seu alumnado de 4ESO e 1ºBach a participar no Concurso Odisea 2019, que se desenvolveu en rede. A rapazada participou con tanto entusiasmo que mesmo o grupo formado por Paula Alfonsín e Carla Penas pasou á fase final. Parabéns!!!

 

CONCVRSO DE CVLTVRA CLÁSICA ODISEA 2018 (Galicia)

Alejandra Millán e Laura Rey, alumnas de 2º de Bacharelato do IES Pontepedriña, obtiveron un meritorio 3º posto no CONCVRSO DE CVLTVRA CLÁSICA ODISEA 2018 (Galicia). Parabéns a Gloria Rodríguez (Dpto. Latín e Grego) e ás nosas premiadas.

 

Descargar fotos

Distribuir contido