Francés, Orientacións didácticas, Anuncios, Información sobre o departamento, Actividades

MATERIAL DO DEPARTAMENTO DE FRÁNCÉS

PROFESOR: PERFECTO ANDRADE GRANDE

1º ESO R: Facer todos os exercicios da unidade 4 do libro e do caderno, incluídas as páxinas de "Objectif DELF", excepto os exercicios que necesiten audición de grabacións.


2º ESO: Facer todos os exercicios da unidade 4 do libro e do caderno, incluídas as páxinas de "Objectif DELF", excepto os exercicios que necesiten audición de grabacións.


3º ESO: Facer todos os exercicios da unidade 4 do libro e do caderno, incluídas as páxinas de "Objectif DELF", excepto os exercicios que necesiten audición de grabacións. Facer o traballo do "Petit Nicolas"


4º ESO: Facer todos os exercicios do libro e do caderno da sección "Objectif DELF" das unidades 1,2,3 e 4, excepto os exercicios que necesiten audición de grabacións. Facer o traballo do "Petit prince"


1º Bac: Facer todos os exercicios da unidade 4 do libro,  excepto os exercicios que necesiten audición de grabacións. Facer o traballo do "Petit prince"


2º Bac: Facer exames de selectividade. Facer redaccións e resumos de texto.


Os traballos poderán enviarse ó meu correo: perfectoa@edu.xunta.es

Os traballos que se envíen ó correo é preferible que estean en formato editable (Word, Open office, Libre office) xa que así a corrección é máis fácil e clara.

 

PROFESORA: SALETA FRAGUEIRO MOSQUERA

Debido á situación xerada pola pandemia COVID-19 e a decisión decretada pola Consellería de Educación de suspender as actividades lectivas nos centros, os docentes vémonos na obriga de seguir impartindo as clases de maneira telemática durante todo o proceso de confinamento ao que todos estamos facendo fronte. É por isto que como profesora de francés nos grupos de 1ESO- S, V e T levarei a cabo a miña labor mediante a plataforma Edmodo

Para isto, todos os alumnos de cada grupo terán un código que introducirán ao entrar na plataforma por primeira vez. Dito acceso poderá facerse mediante a descarga da app nun smartphone así como accedendo á páxina web www.edmodo.com e rexistrándose como estudante introducindo o código anteriormente mencionado. 

Durante todo o proceso, intentarei colgar  actividades para que o alumnado poda levar a cabo e intentaremos non perder o ritmo que levamos na aula ata o de agora. Moitas das actividades pertencerán aos libros de texto correspondentes; pero sabendo pola situación que estamos a pasar, intentarei que algunhas actividades axuden aos rapaces e rapazas a estar entretidos e pasar o encerro da mellor maneira didáctica e lúdica posible. 

Serán os propios alumnos os responsables de asegurarse e revisar se hai actividades novas ou algún tipo de aviso para o curso. Recomendo que teñan en conta os días que temos clase de maneira habitual para conectarse de maneira telemática na medida do posible. 

A continuación indícanse os códigos correspondentes a cada un dos grupos que imparto: 

 FRANCÉS 1ESO-S, V e T: r9wa9f

Sendo plenamente consciente de que hai alumnado que non ten acceso a internet nin maneira de conseguilo, resaltar que toda a  materia que aquí se imparta non terá carácter avaliable polo que os puntos de maior importancia volverán  repetirse na aula unha vez esteamos de volta. De todos os xeitos, poderán facer as actividades de cada unidade impartida que teñen nos libros de actividades en ámbalas dúas materias e que non facemos na aula. 

Le malade imaginaire

Les régions françaises (2018)

Recettes de cuisine

Joyeux Carnaval

Un Sac de Billes

Un Sac de Billes, un saco de bólas, é o título dunha película proxectada no Cine Numax e ambientada durante ocupación nazi en Francia. O alumnado gañador do Concurso Aulas de Inverno, isto é, 1ºR e 2ºS, acompañado polos grupos de 3ºM e FP Básica, puido vela o mércores 7 de febreiro na súa versión orixinal en francés subtitulada en galego. O filme fixo que houbera quen soltara algunha que outra bágoa e foi calificada como moi recomendable polos nosos rapaces e rapazas.

 

 

 

Enfin les vacances!!!

La chanson française

 
   
   
   
   
   
 
   
   
   
   
   
 
   
   
   
   
   
   

XXII Certame de Teatro Intercentros IES Pontepedriña

O Certame de Teatro Intercentros, organizado polo Departamento de Educación e Cidadanía e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, segue ofrecendo a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato de Santiago e comarca a oportunidade de amosar ao público o traballo teatral realizado ao longo do curso nos centros escolares. O IES Pontepedriña interpretou a obra "Re-Fuxe".(http://santiagodecompostela.gal)

   
   
   
   
   
   
   
   
   

Joyeuses Pâques

Distribuir contido