Física e química, Orientacións didácticas, Anuncios, Información sobre o departamento, Actividades

FÍSICA E QUÍMICA

Coa finalidade de proporcional continuidade á formación académica, durante o período excepcional aberto con motivo da crise do 2019-nCoV, o Departamento de Física e Química empregará como vehículo principal para a comunicación co seu alumnado as aulas virtuais dos cursos correspondentes:


* 2º de ESO: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/aulavirtual/course/view.php?id=304


* 3º de ESO: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/aulavirtual/course/view.php?id=213


* 4º de ESO: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/aulavirtual/course/view.php?id=176


* 1º de bacharelato: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/aulavirtual/course/view.php?id=64


* Física de 2º de bacharelato: https://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/aulavirtual/course/view.php?id=53


* Química de 2º de bacharelato: 
https://www.edu.xunta.gal/centros/iespontepedrina/aulavirtual/course/view.php?id=135

 

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

Podedes ver o vídeo que resume as actividades organizadas polo ENDL, o Dpto. de de Física e Química e o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía para conmemorar o Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia.

11 Febreiro. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo de celebrar este día tan sinalado, o ENDL, o Dpto. de Física e Química e o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía traballamos xuntos para facelo visible no noso centro. Da man da nosa compañeira de Física e Química, Socorro Liste, tivemos a sorte de contar coa doutora Xoana Pintos Barral, investigadora na USC especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico, quen o pasado 8 de febreiro compartiu as súas experiencias co noso alumnado de 3ºESO. Así mesmo, o seu labor vese reflectido na exposición itinerante Mulleres no Laboratorio. As Primeiras Científicas da USC.
O Vindeiro 15 de febreiro poderemos asistir á charla impartida pola doutora Jannette Rodríguez Pallares, Dpto. de Ciencias Morfolóxicas do CIMUS da USC. A conferencia está dirixida ao alumnado de 4ºESO e levará por título "De mayor quiero ser... científica", na que nos falará da súa experiencia como muller investigadora, así como das súas investigacións que se centran na enfermidade do Parkinson.

Sirva este vídeo como homenaxe a todas aquelas mulleres que grazas ao seu esforzo e tesón seguen a abandeirar a loita pola igualdade real entre homes e mulleres. Grazas compañeiras!!!
 

Distribuir contido