ESTADIA EN CANADA DA PROFESORA DE BIOLOXIA E XEOLOXIA INMA RIBALLO

 

Como profesora dunha sección bilingüe fun seleccionada para participar nunha beca do progrma PIALE  de integración total en Canada. Esta beca consistiu nunha estadia dun mes nun centro Canadiense, asistindo a clases de bioloxía dos niveis que eu imparto aquí en inglés, co obxectivo de mellorar o meu inglés, en particular o vocabulario da materia que imparto, e de coñecer outras opcións de transmitir os contidos correspondentes aos meus alumnos do IES Pontepedriña

 

  

  O instituto asignado foi o Sir Robert Borden, un instituto con moito alumnado de diferentes orixes, particularmente orientais, totalmente integrados na vida Canadiense.

 

   

 

 

Os periodos de clase son totalmente distintos, a súa duración é de 75 minutos, e os alumnos teñen 4 materias por dia e por semestre, de forma que no primeiro semestre teñen 4 materias que elixen dentro das ofertadas para o nivel correspondente, e no segundo outras 4.

 

As aulas de ciencias teñen laboratorio no mesmo espacio no que se imparten as clases teóricas, que na miña opinión é unha boa idea, xa que lles permite facer máis prácticas, sen embargo,  teñen menos dispositivos electrónicos e mesmo utilizan algúns que en Galicia parecerían obsoletos, como transparencias ou videos VHS. Os contidos son os mesmos, pero impartidos un curso posterior, e dicir, nunha idade máis avanzada.

 

 

 

A materia de bioloxía está asociada á química nos niveis 9 e 10, a diferenza de Galicia que está asociada á xeoloxía en terceiro e cuarto da ESO.

 

Os alumnos participan nas clases de forma máis sosegada, repectando os turnos de explicación do profesor e de participación dos seus compañeiros. Pola súa parte os profesores non se altera, particularmente por certas formas de estar na aula, e é fácil ver alumnos comendo algo e mirando o móvil. O móvil é utilizado como ferramenta de traballo.

   

 

 

Participantes no PIALE 2017, turno de outubro-novembro, na embaixada co Señor Embaixador.