Solicitude de revisión das cualificacións finais de FORMACIÓN PROFESIONAL

A Orde Ministerial do 28 de agosto de 1995 (BOE do 20 de setembro), no artigo 6º determina que o alumnado ou os seus pais ou titores legais poderán solicitar do profesorado cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o proceso de aprendizaxe do alumnado, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado dese proceso, e que se, despois das oportunas aclaracións, existe desacordo coa cualificación final obtida nunha área ou materia ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada, os pais ou titores legais poderán solicitar por escrito a revisión da dita cualificación ou decisión, dentro do prazo de dous días lectivos seguintes a aquel no que se produciu a súa comunicación.

Pódese descargar un modelo desa solicitude premendo nunha das seguintes ligazóns:

AdxuntoTamaño
solicitude_revision_cualificacions_fp.odt9.7 KB
solicitude_revision_cualificacions_fp.pdf8.63 KB