DEBUXO
NOVAS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL. PROFESORA Dna. Marta Lozao. Día 27/04/2020.
1º ESO- Educación Plástica Visual e Audiovisual
1. Visitar os tutoriais de YOUTUBE:
- Lazy Arts: How to draw: face// Basic Proportion
- Fiane Art Academy: Técnica de dibujo retrato con lápis.
- Como dibujar una cabeza, método de la bola dividida y de los planos de Andrew Loomis
A continuación, debuxar un retrato dunha persoa coñecida (familia, amigos, personaxes famosos,...) con técnica a lapis grafito.
2. Dedicar 15 minutos diarios para realizar 2 bosquexos de obxectos na casa a lapis -grafito para mellorar a destreza no debuxo.
Data de entrega: 8 de Maio
email: martadebuxo@gmail.com
DEBUXO TÉCNICO I (1º Bacharelato)
As novas actividades que imos a realizar son con curvas xeométricas (óvalos e ovoides), coa finalidade de empregar estes contidos para aplicalos na realización de pezas industriais en perspectiva isométrica:
1. Realización dunha lámina con CURVAS XEOMÉTRICAS con técnica a lapis HB ou portaminas (non empregar tinta) na lámina debuxar os seguintes contidos:
- Óvalo dado o eixo menor.
- Óvalo dado o eixo maior.
- Ovoide dado o eixo menor.
- Ovoide dado o eixo maior.
Para esta actividade imos empregar o seguinte material didáctico de apoio:
- Visitar os tutoriais de YOUTUBE ARTUROGEOMETRIA (óvalo dado o eixe maior, óvalo dado o eixe menor, ovoide dado o eixe maior, ovoide dado o eixe menor).
Data de entrega: 8 de maio
- Visitar AULA VIRTUAL: tema 7 " Axonometrías. Isometría. Cabaleira e Aérea e realizar as seguintes láminas con técnica a lapis HB ou portaminas (non empregar tinta):
1. Representar as vistas (planta, alzado e perfil) das figuras en perspectiva isométrica que aparece en AULA VIRTUAL: 7001- Vistas Pautadas.
2. Debuxa en perspectiva isométrica normalizada os sólidos dados en planta e alzado. Escala 1:1 (Arquivo PDF: Axonometría Ortogonal MCGDTI)
Data de entrega: 8 de Maio
email: martadebuxo@gmail.com
DEBUXO TÉCNICO II (2º Bacharelato):
- Visitar os seguintes tutoriais de YOUTUBE de ARTUROGEOMETRIA e realizar ditas láminas con técnica a lapis HB ou portaminas (non empregar tinta):
1. Isométrica de pieza definida por alzado e perfil (Madrid 2018 Julio) Dibujo Técnico.
2. Intersección Recta-Cono en Sistema Diédrico - Julio 2018 Madrid - Dibujo Técnico.
3. Sección de esfera por plano proyectante en Sistema Diédrico (Madrid 2019). Selectividad.
4. Pieza en Caballera con coeficiente de reducción a partir de vistas - Julio 2018 Madrid.
- Visitar a web da CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) e subir o arquivo: ABAU_2018_Debuxo T e realizar os exercicios para entregar.
Data de entrega: 8 de Maio
email: martadebuxo@gmail.com