PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2020-21

Finalizado o día 18 de maio de 2020 o proceso de admisión de alumnos/as para aqueles que non proceden de centros adscritos, o IES A Pontepedriña informa:

  • Solicitudes 1º de ESO: Todas as solicitudes son: ADMITIDAS

  • Solicitudes 2º de ESO: Todas as solicitudes son: NON ADMITIDAS

  • Solicitudes 3º de ESO: Todas as solicitudes son: NON ADMITIDAS

  • Solicitudes 4º de ESO: Todas as solicitudes son: ADMITIDAS 

  • Solicitudes 1º Bacharelato: Todas as solicitudes son: ADMITIDAS 

  • Solicitudes 2º Bacharelato: Todas as solicitudes son: ADMITIDAS 

Todos/as os/as alumnos/as admitidos realizarán o proceso de matrícula no mes de xullo ( entre o día 01-10 de xullo). As quendas para matricularse e documentación necesaria serán publicadas nesta páxina web entre o 17 de xuño e o 21 de xuño de 2020.

Pola lei de protección de datos non poden ser expostas nesta páxina os nomes dos/as alumnos/as admitidos/as. Estas listaxes poden consultarse no propio centro ou a través da apliación “admisionalumnado”.

O alumnado NON ADMITIDO poderá acceder a unha praza neste IES no mes de setembro si tras rematado o proceso de matrícula aparecen vacantes. Estas vacantes serán asignadas segundo a orde na que figuran tras a baremación.