FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-24

O IES A Pontepedriña informa que atópanse no centro as listaxes de libros concedidos (só aparece o número de libros concedidos) no Fondo Solidario da Xunta de Galicia, así como os excluídos do mesmo.

Pola Lei de protección de datos non podemos publicar as listaxes na web.

Tamén poden consultarse a través da aplicación “Fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) coa chave365.

Durante os días 13 e 14 de xullo ( ata as 14:00 horas) ábrese prazo de reclamación ás listaxes provisionais.

O día 26 de xullo publicaranse as listaxes definitivas. Desde este días poderanse recoller os vales de axuda para material escolar.