Matemáticas

Gañadores do concurso de microrrelatos do número "Pi"

A continuación podedes ver os nomes dos gañadores e os poemas de cada un deles:

And I felt a weird kickboxer in coming after the party... Suddenly, announced Anthony: "kickboxer, can he run?".

Fui a leer, y justo sorprendí, al alegre autor del libro. Narrando historias felices, conmovido por su más tremenda fama.

Fue y miró a Radio cabizbajo

su mirada seria sin poder entender.

Pensativo, mirando tranquilo

sin lo que desearía leer.

IV Rally Matemático sen fronteiras

O martes 15 de marzo dous grupos de alumnos de 3º ESO participaron no IV Rally Matemático sen fronteiras que terá a superfinal en Toulouse no mes de maio.

Durante unha hora reuníronse en dúas aulas do centro os dous grupos de 8 alumnos, cada un deles, para intentar solucionar o mellor posible os 5 exercicios da materia de matemáticas propostos polos organizadores do concurso.

  ¡ Moita sorte aos nosos/as alumnos/as !

Bases do concurso de microrrelatos do número "Pi"

Facendo click na seguinte imaxe podedes ver as bases do concurso organizado polo Departamento de Matemáticas do centro:

2 alumnos do IES Río Cabe na "Olimpíada de Matemáticas Galega"

O venres 14 de xaneiro, Javier Pérez Arias e Santiago Alonso Bartolomé, alumnos de 1º e 2º de bacharelato respectivamente, asistiron a Olimpíada Matemática Galega, que se desenvolveu na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, acompañados pola súa profesora Carmen Morais Torres, así como por algúns familiares.

Na mesma participaron 70 alumnos de toda Galicia, que tiveron que resolver diferentes problemas nas dúas sesións programadas ás 10 horas e ás 16 horas.

A Olimpíada Matemática Galega é unha competición entre estudiantes que ten como obxectivo fundamental estimular o estudio das matemáticas, descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas. Estes exercicios non requiren uns coñecementos especiais de matemáticas, senón que buscan a capacidade de raciocionio e a orixinalidade e creatividade do pensamento.

 

III Rally Matemático sen fronteiras

O luns 16 de marzo dous grupos de alumnos de 3ºA ESO e 3ºB ESO participaron no III Rally Matemático sen fronteiras que terá a superfinal en Toulouse no mes de maio.

Durante unha hora, de 16:00 a 17:00 horas, reuníronse na Biblioteca do centro os dous grupos de 8 alumnos, cada un deles, para intentar solucionar o mellor posible os 6 exercicios da materia de matemáticas propostos polos organizadores do concurso.

 

 

 

 

 

 

 

  ¡ Moita sorte aos nosos/as alumnos/as !

Medidas tradicionais galegas

No mes de abril os rapaces de 1º ESO-B realizaron un traballo de investigación, dirixido pola profesora de Matemáticas, Cristina Soto, sobre as medidas tradicionais en Galicia. Colocamos unha pequena mostra dos traballos realizados, todos eles en formato PDF:

Medidas tradicionais galegas:

de Mª Paz López-Vizcaíno Rubio

 

   
   

Os de edugaliza teñen unha páxina adicada ás medidas tradicionais, tanto de lonxitude, superficie, volume, peso, ... Bótalle unha ollada á súa web.

Semana da Ciencia: Escher e Matemáticas

Durante os últimos días do mes de Maio, temos na biblioteca a exposición interactiva Escher e Matemáticas que cedeu AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática).
A exposición configúrase en torno a tres apartados:

  1. A estrutura do espazo: relatividade, cruce de mundos paralelos e xogos tridimensionais e matemáticos.
  2. A estrutura da superficie: a procura do infinito no plano e a metamorfose espazo-tempo.
  3. A proxección do espazo tridimensional no plano: os mundos imposibles.

Distribuir contido