Curso 2014/15

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DA CAFETERÍA PARA O CURSO 2015-2016

Co fin de poder contratar o servizo da cafetería do IES Río Cabe, ábrese un prazo ata as 13:00 horas do martes 30 de xuño de 2015 para que as persoas interesadas presenten propostas para a prestación do citado servizo.

A documentación administrativa e técnica necesaria a efectos de poder valorar cada unha das ofertas está a disposición dos interesados na secretaría do centro ou nos seguintes links:

Folla de especificacións técnicas

Lista de prezos máximos

As empresas ou persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación:

  • Se a empresa fose persoa xurídica española: copia auténtica ou compulsada do CIF, escritura ou documento de constitución, e no seu caso documentos que acrediten a súa representación.
  • Os empresarios individuais comunicarán o DNI ou do documento que, se é o caso, o substitúa regulamentariamente, da persoa titular ou propietaria da empresa segundo se establece no Anexo I, e no seu caso documentos que acrediten a representación.
  • Proposición de oferta económica, ou canon anual (anexo II - Proposición de oferta económica). O canon anual mínimo, que pode ser aumentado pola oferta que realice o licitador, ascende a cantidade de 286,80 euros/ano.
  • Memoria coa proposta de metodoloxía ou plan de negocio.
  • Persoa ou equipo de traballo asignado a realización do contrato.
  • Melloras propostas. Aportarase relación das melloras ofrecidas no servizo sen custo, que aporten vantaxes ao esixible nas condicións de realización do servizo.
  • Lista de prezos de artigos detallados.

A documentación requerida presentarase, en sobre pechado, na Secretaria do Centro ata as 13:00 horas do día 30 de xuño.

O adxudicatario deberá constituir unha póliza de seguro de responsabilidade civil para a cobertura de posibles danos a terceiros por un importe mínimo de 20.000 euros.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento das instrucións ditadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios.

 

Normativa que regula a concesión do servizo da cafetería:

Formato PDF - Instrución 4/2015

Formato Word - Instrución 4/2014

Ganadores de RetoAlcoa 2015

El equipo "HUNTERS" del IES Río Cabe, formado por los alumnos Juan Veloso Varela y Miguel Díaz Lafuente, ha sido el ganador de la final nacional en la decimotercera edición de la competición RetoAlcoa celebrada en Madrid el pasado Viernes 19 de Junio de 2015.

Los tres primeros clasificados han sido los siguientes equipos:

1.- “Hunters” del IES Río Cabe de Monforte de Lemos (Lugo)

2.- “Grupo Hirurek Bat” del Colegio San José de Durango (Vizcaya)

3.- “Of The Bridge” del IES Ramón Menéndez Pidal de Avilés (Asturias)

Este concurso lo organiza a nivel nacional Junior Achievement con el patrocinio y la financiación de la Fundación Alcoa. Tiene como objetivo potenciar el talento y la iniciativa emprendedora de los jóvenes, ofreciendo a los estudiantes la posibilidad de aprender a tomar decisiones clave para el funcionamiento de una empresa en un entorno digital. 

El programa, del que Juan Veloso y Miguel Díaz han sido campeones en Madrid, se desarrolló durante todo el curso, tanto en las aulas como por internet, y en él compitieron equipos de Alicante, Asturias, Vizcaya y Galicia. En total participaron 252 equipos de 28 centros educativos y más de 1000 alumnos de Secundaria, Bachillerato y Formación Profesional.

 

Los equipos, que compiten entre sí en un mercado virtual, utilizan un simulador empresarial para vender un producto ficticio y decidir en cada una de las fases variables como el precio de venta, número de unidades a producir, gasto en marketing, inversión en I+D, ampliación de la planta de producción, etc…

A la final únicamente acceden los mejores 8 equipos de España y el premio es que acuden a Madrid durante dos días para vivir experiencias inolvidables. Además de participar en la final presencial tienen la oportunidad de acudir a un curso de “Habilidades para el Éxito” en la Escuela ESADE y este año fueron invitados a presenciar la obra de teatro “El Rey León” con una entrada preferente para cada uno de los finalistas.

Como ganadores de la final nacional los dos alumnos del IES Río Cabe clasificados en primera posición recibieron como premio, además del preceptivo diploma, una tablet Samsung de 10 pulgadas para cada uno de ellos.

 

Formación de alumnos/as "mediadores escolares"

Bibiana Camaño, foi a encargada de formar a un grupo de 2º de ESO do noso alumnado como mediadores escolares. Queda unha última sesión para que os alumnos e alumnas certificados como mediadores, repasen estratexias antes de comezar o vindeiro curso. O curso 2015/2016 poremos en marcha todas as estratexias aprendidas e comezaremos a empregar a mediación escolar como vía para resolver os conflitos diarios que xorden na convivencia.

As persoas participantes na mediación escolar, tanto os/as mediadores/as como as partes en conflito, poñen en marcha unha serie de estratexias de comunicación (escoita activa, interese real por axudar ás outras persoas…) e competencias socioemocionais (xestión emocional, empatía, etc.) que lles axudan a solucionar o conflito de xeito pacífico e dialogado, tendo en conta sempre as necesidades e intereses das persoas que acoden á mediación. Ao pasar por este proceso, todas as persoas implicadas no mesmo aprenden a solucionar os problemas por si mesmas, o que contribúe á capacitación do alumnado na resolución dos conflitos e como consecuencia, á mellora do clima escolar.

BOLETÍN FAMILIAR: Acoso Escolar II

O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR . O Boletín Familiar é unha iniciativa do equipo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias (Equipo de Prevención) , adscrita á concellería de Sanidade.

Nesta ocasión leva por título: “ACOSO ESCOLAR II” Como indicaban no boletín anterior, o obxectivo deste boletín é que os pais, nais e titores coñezan os síntomas ós que deben poñer atención para detectar este tipo de problemas. Se tedes interés en consultar o boletín completo podedes descargar o mesmo facendo click na imaxe anterior ou a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado folletos informativos) ou solicitalo na UAD, persoalmente ou a través do Telf. 982 400 495.

Se vos interesa ter máis información sobre este tema e outros moi diversos ademáis de poñerse en contacto coa UAD, podedes escoitar as súas recomendacións os luns, cada 15 días, en Radio Principal Monforte. Emitiranse na franxa horaria de 13h a 14h.

Para mais información: Unidade Asistencial de Drogodependencias, Otero Pedrayo s/n MONFORTE DE LEMOS (LUGO) Tlf. 982 40 04 95 e - mail: uad@concellodemonforte.com

Entrega de Premios do Cocurso de Impresión 3D

O Venres 12 de xuño tivo lugar a entrega de premios do concurso "Monforte de Lemos constrúe en 3D". O acto desenvolveuse no Salón de Plenos do Concello, sendo o último acto de Severino Rodríguez Díaz como Alcalde de Monforte.

O alumnado do IES Río Cabe non acadou o primeiro primeiro, pero podemos dicir que foi o centro que máis participantes aportou ao concurso e o que maior número de finalistas obtivo. Destacamos a continuación os tres traballos premiados do noso centro:

1.- Na modalidade colectiva, a colección de chaveiros presentada polo alumnado de 4º ESO e dirixidos pola profesora Covadonga Yugueros Valbuena.

2.- O primeiro finalista da modalidade individual foi Carlos Fernández González (1ºB BAC) , coa reprodución da locomotora "Santa Fe".

3.- O segundo finalista na modalidade individual foi Carlos Diéguez Fernández (4ºB ESO), coa reprodución da Torre da Homenaxe como bote para lapiceiros.

Podedes acceder a memoria de cada un destes traballos e as pezas *.stl dos mesmos facendo click en cada unha das tres imaxes anteriores e descargando os arquivos correspondentes. Ademais se facedes click na seguinte imaxe, accededes a unha pequena galería de fotos do acto de entrega de premios:

Desde o IES Río Cabe agradecemos a iniciativa do Concello de Monforte e en particular de Severino Rodríguez para fomentar o uso desta nova tecnoloxía, o que serviu para que na actualidade no noso centro teñamos moito alumnado motivado e interesado pola impresión 3D.

Acto de graduación alumnado 2º de Bacharelato 2015

O pasado 29 de maio tivo lugar o tradicional acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato que este curso rematou a súa estadía no noso centro. Facendo click na imaxe podedes acceder a unha pequena galería de imaxes das diversas partes do acto.

 

Desde a Dirección do centro desexámoslle moita sorte no seu futuro !!!!!!!!.

Despedimos a Hannah Greider

Hannah Greider foi durante este curso escolar a nosa auxiliar de conversa en lingua inglesa. O pasado 29 de maio rematou a súa estadía no noso centro, en Galicia e en España. Voltou a Seattle, a súa cidade natal en EEUU, e o profesorado máis o alumnado dámoslle un sentidiño adeus agradecéndolle todo o traballo feito durante estes meses e a súa implicación para que aprendamos a expresarnos mellor en inglés.

Desexámoslle moita sorte no seu futuro e o IES Río Cabe espera poder seguir contando nos vindeiros cursos con auxiliares de conversa como Hannah.

Listaxes axudas linguas estranxeiras 2015

Divulgamos entre a comunidade educativa do noso centro que acaban de sair publicadas as listaxes de alumnado seleccionado e suplente (Anexo I) indicadas no artigo 14.3 da Orde de convocatoria da Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 16/03/2015), así como a listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación (Anexo II).

 

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poden consultarse na páxina web do programa:

Reserva Programa CUALE 2015/2016 - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2015-2016 o IES Río Cabe vai solicitar por segundo ano consecutivo o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe ofertamos os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

 

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

 

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

 

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 5 de xuño de 2015.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

CONCURSO - Cartel para a segunda edición do Festival de CINE de Terror

O concurso consiste en confeccionar un cartel para a segunda edición do Festival de CINE de Terror que se celebrará en Monforte de Lemos.
 
O premio é de 150€ en metálico e no concurso unicamente poden participar o alumnado dos Institutos de Educación Secundaria Monfortinos.
 
Ademais do premio, todos os carteis serán expostos na casa da cultura durante todo o festival.
 
O único requisito é que no cartel figure o nome:
II EDICIÓN FANCINE DE LEMOS

FESTIVAL DE CINE FANTÁSTICO DE MONFORTE

O demais: Composición, letra, debuxos, photoshop... entra dentro da imaxinación que cada alumno lle queira poñer.
 
Podedes facer o envío dos carteis en formato dixital, enviándoo ao correo contacto@fancinedelemos.com, especificando o nome, ou ben se alguén quere facer unha entrega física do seu traballo, pasarán a recollelos polo noso Instituto.
 
O concurso é unha iniciativa da produtora cinematográfica Amanita Films de Monforte de Lemos.
 
 
Distribuir contido