Curso 2012/13

Modificación data exame matemáticas bac1.

Atención!! Cambio de data do exame de Matemáticas 1.

Será o mércores 4 de setembro, de 11:00 a 12:30 horas.

 

O xefe de estudos.

Excursión a Roma 2013

 

Alumnos de 4º da ESO e de 2º de BAC do IES Río Cabe, acompañados polos profesores Manuel Sánchez, Susana Burgo e Anuncia López marcharon o día 25 de Viaxe de fín de curso á cidade de Roma e volverán o próximo sábado día 29.

Ao longo dos días iremos informando do acontecido na viaxe ao mesmo tempo que se colocará algunha foto dos alumnos.

  • Martes 25: Alumnos e profesores acompañantes chegaron á cidade de Roma logo dunha longa viaxe, sen incidencias e moi cansos, desexando repousar para poder visitar á cidade ao día seguinte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Venres 28: Hoxe tocou visita ao Coliseo, ao Foro e á Trastevere, xunto con longos paseos arredor da cidade.

 


Intercambio con Francia 2012/13

O departameto de francés do instituto, organiza, xunto con centro, o intercambio con alumnos de Francia. Neste curso, o intercambio produciuse con alumnos do Instituto de Saint Sebastien, de Landerneau.

En Francia, os alumnos do IES Río Cabe, do Daviña e da Pinguela estiveron durante unha semán en Francia, acompañados pola compañeira Ana Rego, profesora deste centro.

Posteriormente, alumnos do centro francés estiveron unha semán convivindo cos nosos alumnos en Monforte de Lemos, visitando a zona.

Picando na imaxe, pódese acceder á galería de fotos.

 


Calendario de exames finais Xuño 2013

Se queres ver as datas dos exames finais de Bacharelato e de pendentes para o curso académico 2012/13, están incluido s nos dous arquivos adxuntos a esta noticia.

Ambos documentos están en formato word.


Semán Branca en Andorra - 2013

 

Dende os días 27 de Xaneiro a 1 de Febreiro, alumnos de 1 de BAC do centro, acompañados polo profesor de Educación Física, Carlos Parada, realizarán unha excursión a Andorra para aprender a esquiar.

Estarán aloxados no Hotel Cosmos, durante toda a semán en réxime de media pensión, e esquiarán na estación de Pal-Arinsal, situado no Vall Nord de Andorra.

Igualmente, os alumnos terán a posibilidade de realizar actividades de patinaxe sobre o xeo e asistir ao balneario de Caldea.

A saída efectuarase o sábado 26 de xaneiro, ás 23:30 horas, concentrados na entrada do instituto.

Ao longo da súa estancia en Andorra, iremos informando das actividades que se vaian realizando.

  • Luns 28:
    Primeiro dia de neve na estación de pal en Andorra. Pola mañá as condicións atmosféricas non axudaron moito, pois logo do almorzo cando saímos a rúa démonos conta de que estaba a nevar, algo que fixo case toda a mañá. Nas zonas máis altas da estación incluso facía vento. Pola tarde mellorou e puidose esquiar con sol e temperatura agradable.

    A maior parte dos rapaces xa escomenzan a baixar polas pistas máis doadas. Non houbo ningunha incidencia a suliñar, agás o cansanzo a unha dura xornada que comenzou á hora de erguerse...as 7.30h Andorranas.

 

 

  • Martes 29: Segundo día de esqui en Andorra. As condicións climatolóxicas melloraron e xa puidemos esquiar con sol durante todo o día. Todos @s alumn@s seguen a mellorar a súa execución técnica e as caras de alegría e cansanzo ó final da xornada erán evidentes.Mañá estaremos no ecuador da viaxe e seguiremos informando.

 

 

 

 

 

 

  • Xoves 31: Dia soleado por Andorra e cunha boa xornada de esquí. Tod@s os alumn@s esquian sen grandes dificultades polas pistas que se corresponden co nivel no que se atopan. O venres será a última xornada desta semana branca 2013.


Menú do comedor do IES Río Cabe

Tódolos meses iremos actualizando, nun arquivo PDF, o menú do comedor do centro.


Distribuir contido