Curso 2013/14

“A USC recoñece os froitos dos teus estudos” – “Unha Universidade para o futuro”

No día de hoxe tivo lugar no Auditorio de Galicia un acto de recoñecemento aos alumnos/as coas mellores cualificacións nas probas de acceso a universidade na Comunidade Autónoma de Galicia. Todos os alumnos cunha nota superior a 9 puntos na fase xeral da selectividade foron homenaxeados neste acto en Santiago de Compostela e entre eles encontrábase Álex López López, que cursou o Bacharelato no IES Río Cabe e conseguiu unha nota media de 9,082 nas probas de acceso a universidade, destacando os tres 9 acadados nas materias de Lingua Castelá, Historia de España e Historia da Arte.

Álex acudiu a Santiago acompañado do Director do centro, Manuel Sánchez Seco. O mellor expediente de Galicia na selectividade deste curso foi unha rapaza de Mondoñedo e o reitor da Universidade de Santiago encargouse de entregar os diplomas e recoñecer o traballo e o esforzo realizado por estes alumnos para acadar estas notas.

Aquí tedes algunha foto do acto, e se accededes a galería podedes ver algunha máis.

 

Campionato de Xadrez

27/05/2014
31/05/2014
Europe/Madrid
O día 2 de xuño celebrarase en Monforte un CAMPIONATO DE XADREZ no CENTRO DE MAIORES NOVA CAIXA GALICIA.

A continuación podedes botarlle unha ollada ao cartel e os alumnos ou resto da comunidade educativa aos que lle guste o xadrez poden poñerse en contacto cos organizadores:
 
 
 

Programa CUALE - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2014-2015 o IES Río Cabe vai solicitar o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe queremos ofertar os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

 

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE A2 – Alemán

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado A2 en alemán, nivel Básico, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule en 4º ESO no curso 2014-2015 e que teña superadas todas as materias de 3º ESO.

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2014-2015.

 

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

 

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 6 de xuño de 2014.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

 

I CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS

Alumnos, profesores e demais persoal do centro poden participar na "I Carreira Camiño das Letras", que se vai celebrar en Santiago de Compostela o domingo 18 de maio cun circuíto para as categorías de menores no Monte do Gozo e cun percorrido para as categorías de maiores de 8 km polo Camiño de Santiago (que combina sendeiro entre árbores, pista e estrada).

Todos os participantes recibirán un libro e o diploma Camiño das Letras, ademáis os tres primeiros de cada categoría recibirán un lote de libros.

Pódese obter máis información na páxina web www.carreirasgalegas.com, onde tamén realízanse as inscricións.
 
Neste vídeo pódese ver a presentación que fixo Roberto Vilar:

Axudas para a formación en linguas estranxeiras 2014

No DOG do día 27 de marzo publicase a Orde do 13 de marzo de 2014, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de marzo e remata o día 28 de abril.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atopase na seguinte páxina web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

 

 

Semana Branca 2014

Venres 24/01/2014: Onte os alumnos estiveron no balneario de Caldea e hoxe foi o último día de desfrute da neve e o esquí; recolleron e volven para Monforte, a onde chegaran sobre as 9:00 horas. Estás son as últimas fotos da Semana Branca do 2014:

 

 

 

 

Mércores 22/01/2014: O cansazo empeza a facer estragos entre os rapaces e rapazas e hoxe non podían coa alma, ademais caeu unha gran nevada pero puideron continuar coa xornada de esquí sen contratempos que salientar.

 

 

Martes 21/01/2014: Na xornada de hoxe  esquiaron sen incidentes nin lesións, tiveron un día de sol incrible e pasárono xenial. Polo serán, despois dunha dura e esgotadora xornada de esquí, foron a patinar sobre xeo a Canillo.

 

 

 

 

 

 

 

Un saúdo dos dous profesores acompañantes (Director e Xefe do Departamento de Educación Física) para toda a comunidade educativa.

 

 

 

Luns 20/01/2014: Hoxe primeiro contacto coas pistas e primeiro día de esquí, sen lesións e todo transcorreu segundo o previsto. A estas horas xa están de regreso no Hotel para deitarse cedo e recuperar forzas para afrontar a xornada de mañá. 

 

 

 

 

 

 

Alumn@s de 3º de ESO e 1º BAC iniciaron a noite do sábado ao domingo 19 de xaneiro de 2014 a “Semana Branca en Andorra”.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes son Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto co director do centro, Manuel Sánchez.

A chegada a Andorra produciuse sen ningún contratempo e xa están instalados no Hotel Cosmos. A estación onde esquiarán será no Vallnord, en concreto en Pal. 

A volta está prevista para o vindeiro sábado 25 de xaneiro. Seguiremos informando desde esta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información nos vindeiros días.

 

Andorra

 


Comedor e transporte escolar 2013-14

En Transporte e comedor, podes consultar as condicións de uso tanto do comedor como do transporte.

Setembro_2013_exames, avaliacións e matrícula

Podes consultar o calendario de exames, avaliacións e prazo de matrícula da convocatoria de setembro na Xefatura de estudos.

Distribuir contido