Curso 2011/12
Final da X Edición da Competición Nacional de Simulación Estratéxica de Empresas, RetoAlcoa
O pasado venres 27 de abril, celebrouse en Madrid a Final da X Edición da Competición Nacional de Simulación Estratéxica de Empresas, RetoAlcoa. Entre os 8 equipos finalistas que representaron ás distintas zonas de acción de Alcoa atópase o equipo Badboys do noso Instituto, IES Río Cabe, formado polos seguintes alumnos de 2ºA de Bacharelato:
David Pérez Varela
Kevin Rodríguez Taboada
Darío Dos Santos Fernández
O noso equipo acadou a primeira posición no concurso, e estes 3 alumnos recibiron os seus premios de mans de D. Jose Ramón Camino, Presidente de Alcoa España e VicePresidente de Alcoa Europa.
Picando na imaxe podes accerder á galería de fotos do acto.
Visita a Lugo 2012
O pasado día 14 de marzo de 2012, alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de BAC do centro realizaron unha visita á cidade de Lugo, acompañados polos profesores Juan Rosende e Anuncia López.
Na visita á cidade, efectuaron un pequeno roteiro pola muralla de Lugo e a mediodía asistiron á representación da traxedia "Medea", de Sófocles, que se presentou no auditorio Gustavo Freire.
Pola tarde, asistiron á representación da comedia "Miles Gloriosus", de Plauto, no mesmo auditorio.
Para ver algunhas fotos da excursión, pica na seguinte imaxe.
Semana Branca en Andorra 2012
Dende o día 21 ata o día 28 do mes xaneiro de 2012, alumnos de 1º de BAC do centro, acompañados polo profesor de educación física, Carlos Parada, e o vicedirector, Manuel Sánchez, realizaron a saída a Andorra para participar nas actividades da neve. Se picas na imaxe, podes acceder á galería fotográfica:
Visita ao parque eólico de Sotavento
O día 13 de marzo de 2012, alumnos de 2º da ESO do centro, acompañados polos profesores de ciencias naturais, Lucía e Jose Luís, realizaron unha visita ao Parque Eólico de Sotavento. Para ver as fotos da viaxe pica na seguinte imaxe:
Semán Branca 2012 en Andorra
Alumn@s de 1º BAC do IES Río Cabe inician o sábado 21 de xaneiro de 2012, ás 23.59 horas da noite, a Semana Branca en Andorra, coa saída da estación de autobuses en Monforte de Lemos.
A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes será Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto co vicedirector do centro, Manuel Sánchez.
A chegada a Andorra está prevista para a media mañá do domingo día 22. A estación onde esquiarán será no Vallnord, en concreto en Pal. O hotel onde quedarán aloxados os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes será no Cosmos, situado no centro de Andorra.
A volta está prevista para o vindeiro sábado 28 de xaneiro.
Seguiremos informando dende ésta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información.
Dende o centro desexámoslle unha boa viaxe.
- 22 de xaneiro: Os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes xa chegaron a Andorra e foron directamente ao hotel Cosmos. Xa recolleron o material na estación de Pal e agora pola noite atópanse ceando e vendo o partido de futbol que están a emitir na televisión. De seguido poñemos unha foto de totdos eles á súa chegada.
- 23 e 24 de Xaneiro: Segundo informan os profesores acompañantes, os rapaces estiveron esquiando nas pistas habilitadas, sen apenas contratempos, salvo algunha pequena contusión sen importancia.
- 25 de Xaneiro: Neste día, os alumnos estiveron a esquiar nas pistas sobre as 5:30, e, posteriormente acompañados polos profesores, achegáronse ata o palacio de xeo de canillo para patinar durante un rato. Debaixo aparecen dúasfotos das actividades deste día.
Comezo do curso 2011/12
COMEZO DO CURSO 2011-12: Día 16 de setembro de 2011.
09:00 - Presentación ESO
- ESO 1º curso
09:00 - Benvida do director no salón de acto cos titores.
09:30 - Presentación cos titores nas aulas.
- ESO 2º 3º e 4º cursos
09:00 - Presentación cos titores nas aulas.
09:30 - Benvida do director no salón de actos cos titores.
10:00 - Regreso dos autobuses, levando o alumnado para os seus domicilios.
10:30 - Claustro ordinario
12:00 - Presentación BAC
- 12:00 - Benvida do director no salón de actos.
- 12:30 - Presentación cos titores nas aulas.