Curso 2010/11

Excursión a Bruselas 2011

Alumnos de 4 da ESO do centro, xunto cos profesores Manuel Sánchez e Emilio López, partirán nunha excursión cultural a Bélxica dende os días 22 ao 26 de Xuño. A excursión incluirá unha serie de visitas a Bruselas, Gante, Brujas e Amberes. Dende ésta páxina web iremos informando cada día das novidades diarías da excursión. A informacíón actualizarase tódolos días a partires das 10 da noite.

  • 22 de Xuño, mércores: os profesores acompañantes informan de que a viaxe transcorriu sen incidencias. Xa se atopan a éstas horas (23:30) nas habitacións do hotel, bastante cansados pola duración da viaxe.
  • 23 de Xuño, xoves: pasaron o día nas cidades de Brujas e Gante, acompoñados polo guía. Posteriormente, foron a Bruselas e estiveron no seu centro histórico para rematar o día ceando nun restaurante de Grand Place. Antes de acostarese, estiveron a dar un paseo para, posteriormente, achegarse ata o hotel IBIS a durimir. Deseguido, aparecen un par de fotos do grupo en diferentes lugares do seu percorrido cultural.

 

 

 

  • 24 de Xuño, venres: neste día visitaron o Parlamento Europeo, coñecendo a súa composición e o seu funcionamento nunha visita guiada ao mesmo. Posteriormente, realizaron un percorrido pola cidade de Bruselas, onde visitaron os lugares máis importantes, entre os que destacan a catedral, o atomium, o palacio de xustiza, o palacio real, .... Pola tarde visitaron o museo belga do cómic. Debaixo aparecen un par de fotos das visitas do día.

 

 

 

  • 25 de Xuño, sábado: neste día, os alumnos do instituto estiveron na cidade de Amberes. Nela, realizaron diversas visitas, entre as que destacan a casa museo de Rubens, a catedral de Amberes, o porto e un percorrido pola rúa das tendas. Igualmente, asistiron á demostración da talla dun diamante, .... Finalmente, e logo de comer, regresaron pola tarde a Bruselas. Posteriormente, fixeron unha pequena visita ao casco histórico da cidade, onde os alumnos fixeron a súas últimas compras antes de irse ao hotel a durmir para regresar ao día seguinte a monforte.

 


Entrega de diplomas 2º BAC 2011

O día 3 de Xuño ás 20 horas, tivo lugar no centro o acto de entrega de diplomas aos alumnos de 2º de bacharelato. Foi un acto no que tamén estiveron os pais dos alumnos homenaxeados. Igualmente, o profesor Tomás Vázquez Yáñez realizou un discurso de despedida con motivo da súa xubilación.

Finalmente, o acto pechouse cunha pequena actuación do grupo musical "Poets of silence", formado por alumnos do centro, e cunha montaxe fotográfica dos alumnos de 2º de bacharelato. Picando na foto, podes acceder a unha pequena mostra fotográfica do acto.

 

 


Día do amigo invisible 2011

O día 16 de Maio de 2011 celebrouse o día do amigo invisible no centro. Éste acto consiste regalar un libro a un compañeiro ou compañeira do centro escollido por sorteo e sen que a persoa escollida o sepa. O acto realizouse nunha esplanada a carón do centro, onde hai un mural moi grande do escritor Lois Pereiro, nacido en Monforte de Lemos, e alumnos do IES Río Cabe, ao cal adícaselle éste ano o Día das Letras Galegas.

Podes ver unha fotomontaxe no blog da biblioteca: Bibliocabe.

Picando na foto, podes acceder a unha mostra fotográfica do acto.

 


Proxecto Interdisciplinar "As Árbores" 2009-10

Os alumnos de 1º ESO A do centro realizaron entre o anos 2009 e 2010 un proxecto interdisciplinar dirixido polo profesor de inglés Casto Casanova. O tema está relacionaDO coas árbores, sendo o seu obxectivo que os alumnos coñezan e se familiaricen coas árbores e o seu entorno.

Picando na foto, podes acceder a unha selección fotográfica das actividades realizadas.

 


O Bosque e a Poesía

Con motivo da celebración do Día da Poesía (Marzo) coincidindo co Ano Internacional dos Bosques, no centro realizáronse diferentes actividades. Entre algunha delas cabe salientar as actividades realizadas polas profesoras encargadas da biblioteca, Mª Luz Paramio e Bea González. Picando na imaxe podes acceder a unha selección de fotos.

 


Día das letras galegas 2011

O día 17 de maio, celebrouse o Día das Letras Galegas, adicado ao escritor e poeta, Loi Pereiro, alumno do IES Río Cabe. No centro celebrouse un acto institucional, no que participaron o presidente da Xunta, o concelleiro de cultura, o concelleiro de educación, o presidente da Real Academia da Língua Galega, o alcalde de monforte e familares de Lois Pereiro. Picando na imaxe, podes acceder a unha selección de fotos do acto institucional.

 


Menú escolar para o mes de Xuño. 2011

No enlace que aparece de seguido, podes descargar o menú do comedor escolar para o més de Xuño de 2011.

MENÚ ESCOLAR XUÑO 2011


Intercambio con Francia 2011

Entre os días 6 e 16 de Abril de 2011, alumnos de 3º e 4º da ESO e alumnos de 1º de Bacharelato do centro realizaron ununha excursión a Francia, en concreto ás localidades de Landerneau e París, dentro das actividades do intercambio con Francia, realizadas polo centro e o seminario de Francés. Picando na imaxe podedes descargar un video coas fotos da excursión.


Menú do comedor escolar. Maio 2011

No seguinte enlace podedes descargar o menú do comedor escolar do centro para o més de maio de 2011.

MENÚ ESCOLAR. MAIO 2011

 


Final da IX Edición da Competición Nacional do RetoAlcoa.

O pasado día 8 de abril celebrouse, na sede da “Escuela de Negocios ESADE” de Madrid, a Final da IX Edición da Competición Nacional do RetoAlcoa. (http://www.retoalcoa.com/) . Este proxecto iniciouse o pasado mes de setembro de 2010 e nel embarcáronse 669 alumnos repartidos en 223 equipos de diferentes centros educativos de España. A Final Presencial estivo conformada por 8 equipos, entre os que se encontraba un equipo do noso centro composto por:

-          Sandra Díaz Novoa

-          Javier Pombo Rodríguez

A continuación podedes ver un vídeo con algunhas fotos da súa aventura en Madrid: Video RetoAlcoa.


Distribuir contido