Educación Física

Primeiro día na neve - Andorra

Hoxe, como vai ser toda a semana, comezamos o día cediño, de mañá.

Por sorte, foi un precioso día de sol e esquí. Todos esquiaron dacordo ó seu nivel. Agora cómpre descansar e repor forzas para mañá. 

Semana Branca en Andorra - En ruta

Onte á noite, sábado 18 de marzo, partiu o noso alumnado xunto co director, Carlos Parada, e tres profesoras, Eva Dios, Iria Trebolle e Raquel Seoane, cara a Andorra, para practicar o deporte do esquí e para unha semana de convivencia fóra do ambiente académico. 

Sobre a medianoite partiron para pasar a noite en ruta, descansar o domingo e comezar o luns coas clases e a práctica do esquí. A desfrutar! 

 

Unha vez en destino, cun precioso día de sol, toca instalarse e descansar da viaxe.

Se queres ver máis fotos, mira na galería 

Xoves 17, último día: Partido no estadio Benito Villamarín

Para rematar a estadía no Real Betis Balompié o noso grupo asistiu ao partido de Europa League Real Betis contra o Manchester United no estadio Benito Villamarín.

 

 

Esta expedición estivo formada por 15 alumnos/as de varios IES de Galicia e tres profesores.

Dende o IES Río Cabe expresamos o noso profundo agradecemento a quen fixo posible esta visita así como ao Real Betis Balompié pola oportunidade brindada.

Mércores 15, día 3: Visita á cidade deportiva do Real Betis


  O mércores o noso alumnado e o seu profesor, Jorge Fortes, visitaron  o Estadio Benito Villamarín do Real Betis Balompié.

Alí puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo preparatorio do partido de Europa League contra o Manchester United.

 

Tamén asistiron ás formacións impartidas por José Luis, do departamento de preparación física, e de Félix Cao, preparador físico e recuperador do primeiro equipo.

 Para máis tarde debater cos futbolistas Borja Iglesias e Joaquín Sánchez.

 

Martes 14, día 2: Visita á cidade deportiva do Real Betis Balompié

Hoxe tocou visitar as instalacións da cidade deportiva do Real Betis onde os nosos alumnos e o seu profesor puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo, a formación a cargo do Departamento de Análisis Táctico  e a formación a cargo de Félix Cao, preparador e recuperador do primeiro equipo.

 

 

 

Luns 13, día 1: Visita Real Betis da Liga Nacional de Fútbol Sala

Nestes días parte do noso alumnado do Ciclo Técnico deportivo nivel 1 da modalidade de fútbol, acompañados do seu profesor Jorge Fortes, están visitando as instalacións do Clube Deportivo Betis Balompié en Sevilla.

O primeiro día adicárono a percorrer o Real Betis da Liga Nacional de fútbol sala, entrenado polo galego Bruno García.

 

II Trimaratón deportivo

No Río Cabe quixemos que o alumnado disfrutase dunha xornada festiva antes das tan ansiadas vacacións de Nadal. Para isto, organizouse  o “II Trimaratón Deportivo” composto por Baloncesto 3x3, Soga-Tira e Datchball; éste último xogo gozou dunha gran aceptación entre o alumnado, polo que será tido  en conta para futuras xornadas festivas.

Esperamos que voltarades coas pilas cargadas!!

 

 

 

Torneo de bádminton 1º trimestre, Setembro - Nadal 22

Ó  longo do primeiro trimestre o alumnado do Ies Río Cabe, tivo a oportunidade de participar nun torneo de bádminton que se levou a cabo durante o tempo de lecer.

Foron moitos os rapaces/as que xogaron e dedicaron o tempo do recreo a facer actividade física mediante o Bádminton.

No torneo por parellas, os gañadores da final xogada o 22-12-2022  foron Eric e Gabriel, de 3º da ESO, sendo finalistas Ximena e Íker,  gañadores deste mesmo torneo no curso pasado. Parabéns a todos eles!!

 

Charla nas ensinanzas deportivas

O luns 19 de decembro de 2022 no salón de actos do Ies Rio Cabe celebrouse unha charla sobre as regras de xogo do Fútbol a cargo de David Pérez Pallas (árbitro VAR 2a División) e Adrián (árbitro Asistente 2a División), de ascendencia monfortina.  Comezou ás 19h e rematou pasadas as 21h, o cal demostra o interese que suscitou entre os asistentes. 
Cabe destacar que o público foi moi heteroxéneo, xa que non so había adestradores e futuros técnicos  senón que tamén participaron xogadores de distintas idades e afeccionados/as.

     


Agradecer os árbitros que se desplazaron dende Vigo a dar a charla e a todas/os  os/as participantes.

Distribuir contido