Skip to Content

REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA CURSO 2022 /2023 (3 ANOS)

Este martes día 7 de xuño ás 17:30h, terá lugar a charla informativa para aquelas familias con fillos/as admitidos/as nas listaxes definitivas para o curso 2022/23 no curso de 4º curso de Educación Infantil. Dita reunión levarase a cabo no centro respectando as medidas do protoclo COVID vixente. Así mesmo, lembrar que nesta primeira reunión e toma de contacto non debe asistir o alumnado. Recibide un agarimoso saúdo do profesorado de Educación Infantil e a dirección do centro.

 

OBRADOIRO CANTO e TOUPICIENCIA

Esta pasada semana tivemos varias actividades das que damos conta nesta nova entrada da nosa páxina.

O martes pasado día 31  /05/ 2022 desenvolvéronse no centro dúas actividades, a primera delas consistiu nunha obra de teatro titulada TOUPICIENCIA. O noso alumnado pudo desfrutar desta representación teatral na biblioteca do centro.

 

Así mesmo, e grazas a colaboración de Narci Rodríguez o alumnado de terceiro curso de educación primaria tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de canto. Para facelo traballaron coa canción de "Encanto": No se habla de Bruno. No enlace podedes ver o mágnifico traballo que fixeron co apoio de Narci, para que comprobedes o ben que sonan estes mágnificos artistas. Ademáis podedes botar unha ollada ó canle do cole e os seus famosos VENRES DE CONCERTO. 

ENLACE A VENRES DE CONCERTOS / OBRADOIRO de CANTO NARCI

 

CHARLA DE MONCHO VIDAL SOBRE A GUERRA EN UCRAÍNA

 

O venres 3 de xuño visitounos no cole Moncho Vidal, máis coñecido na nosa vila como Moncho O Ceboleiro. Relatou a súa experiencia colaborando como membro dunha ONG dedicada á axuda humanitaria en países en conflito. Neste momento a súa actividade está centrada na repatriación de persoas de orixe ucraína ao noso país e no envío de artigos de primeira necesidade, como poden ser alimentos non perecedoiros, material sanitario cirúrxico, artigos de hixiene persoal…

Moncho chegou en compaña de dúas mozas ucraínas, Liza e Nika, que acudiron ao centro para contarnos a súa experiencia nestes máis de 100 días nos que o seu país leva en guerra. Tres alumnos de 6º: Manu, Celtia e Mateo Tomé, coa colaboración de Queta, a  profe de inglés, foron os encargados de entrevistalas dende a radio do cole.  Resultou unha entrevista moi persoal onde contaron como eran as súas vidas antes de comezar a guerra e onde manifestaron o seu sentimento de angustia ante un futuro cheo de incertidume.

Despois do programa de radio, todo o alumnado de Infantil e Primaria xunto co profesorado, escoitamos a experiencia vivida por Moncho nas dúas viaxes que realizou ata a fronteira de Polonia para repatriar a persoas ucraínas a Galicia. Amosounos imaxes destas viaxes que, unidas ás súas palabras, impactaron de cheo nos nosos  corazóns.

Tamén apelou á nosa solidariedade e agradeceu o interese por coñecer de primeira man o que está a acontecer en Ucraína.

Esta charla foi a primeira parte dunha actividade solidaria programada dende a escola, que culminará o día 20 de xuño coa realización dunha andaina solidaria a favor de Ucraína. A marcha partirá dende o centro e percorrerá a contorna da Barquiña. 

Xa de volta, no cole, os rapaces e rapazas gozarán dunha merenda saudable para, de seguido, amenizar a xornada cunha actividade de zumba impartida por Luis Sampaio, que coloborará de forma altruísta connosco.

 


CAMPAMENTO VERÁN

 

PLAN CONCILIA VERÁN 2022

Dende a ANPA " A Barquiña" estase preparando O PLAN CONCILIA VERÁN do 4 de xullo ao 19 de agosto de 2022, en horario de 9:00h a 14:00h. Será levado a cabo a través da empresa AXÓUXERE DEPORTE E ANIMACIÓN, S.L. e xestionado a través da ANPA, coa colaboración do Concello de Noia.

 

CONVOCATORIA FONDO LIBROS CURSO 2022 - 2023

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ao 22 de xuño do 2022

 

BENEFICIARIOS: Alumnado de Educación primaria matriculado no curso 2022 /2023 en centros sostidos con fondos públicos.

MODALIDADES:

-       Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º 3º e 4º e educación especial.

O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.

-       Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: (OS ANEXOS I E II, OS PODEDES DESCARGAR DESDE ESTA NOVA)

      - Solicitude segundo o Anexo I.

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

           - Certificado ou volante de convivencia.

           - Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

Comprobación de datos 

   Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

                 DNI ou NIE da persoa solicitante.

                 DNI ou NIE da persoa representante.

 

Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación 

Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

 

Consentimento para a comprobación de datos 

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente: 

Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.

 

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PODESE FACER VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO OU BEN A TRAVÉS DA APLICACIÓN FONDO LIBROS:

 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

NO PROPIO CENTRO EDUCATIVO, NO HORARIO DE ATENCIÓN AS FAMILIAS.

 

FORA DESTE HORARIO NON SERÁ POSIBLE ATENDELOS.

 

17 de MAIO - DIA DAS LETRAS GALEGAS

No día de hoxe celébrase o día das letras galegas. Este ano o homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán.

O noso alumnado traballou sobre a vida do poeta e a súa vida. aqui deixamos os carteis que elaboramos a tal fin.

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS - CURSO 2022/2023

Estimadas familias:

Informamos que na data 10 /05/2022, publicaronse no tabolerio do centro as listaxes de DEFINITIVAS  de admitidos para o curso 2022/2023. Tamen podedes consultalas listaxes por medios electrónicos, empregando o DNI-e ou certificado dixital na propia aplicación de admision de alumnado.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

O prazo para realizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Todas aquelas familias que non entregaron a documentación necesaria deberán facelo nesas datas.

No adxunto podedes cotexar a documentación que será preciso entregar xunto coa matrícula e o horario de atención. No caso de que xa a tiverades entregada con anterioridade dita documentación, só será preciso achegar a matrícula ao centro.

 

MUSIQUEANDO 2022

O 28 de abril participamos na iniciativa Musiqueando 2022, convocada por COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical).

                               

 

Este ano propuxeron unha coreografía sobre o tema Terra, das Tanxugueiras. Dexámosvos aquí o enlace ao vídeo que montamos sobre a nosa participación. Nel aparecen os momentos previos, amenizados por temazos de amigos do noso cole:

Narci Rodríguez e dA trío - Contador a 0            

Momboi - Música na Ribeira

Tanxugueiras - Terra ; Figa

Queremos agradecerlle a Abel Lago watersports e ao amigo Jaime Martínez que, desinteresadamente nos cederon e gravaron co dron da súa escola.

Damos as grazas tamén a tódolos nenos e nenas, aos mestres e mestras, aos coidadores e coidadoras, do cole da Barquiña. Dá gusto vervos bailar a todos e todas xuntas.

E, por suposto, grazas a todos e todas os que facedes que a música sexa o mellor vehículo para xuntarnos nun gran equipo.

Desfrutade do vídeo e do marabilloso entorno da Barquiña.

 

Veña, imos ver o vídeo, pica AQUÍ

 

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 A dirección Xeral de Saúde Pública, con data 20 de abril de 2022, publicou directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na nosa Comunidade.

 

Resumo uso da máscara

OBRIGATORIO

- Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1 do documento que aparece na ligazón)

 

RECOMENDADO

 

- Persoal traballador do centro educativo

- Alumnado do centro educativo.

- Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

 

Máis información na seguinte ligazón:

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia - 21/04/2022

 

 

 

 

PUBLICADA LISTAXE PROVISONAL ADMITIDOS/AS CURSO: 2022/2023

Están a disposición das familias, no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais do alumnado admitido para o curso 2022/2023.

 

Atte: A dirección

 

Distribuir contido


by Dr. Radut