Skip to Content

Axuda Fondo libros 2023 /2024 - Resolución provisional

Publicadas as listaxes provisionais de fondo libros e axuda de material 2023/24. Poden ser consultadas no taboleiro do centro.

Para a recollida dos vales podedes achegarvos ó centro nestes periodos:

Do mércores 12 ó venres 21 de xullo (10 a 13h) ou ben a partires do 1 ó 11 de setembro (10 a 13h).

Atte. 

MATRíCULA CURSO 2024 / 2025

Do 20 ao 30 de xuño do 2024, ábrese o prazo de matrícula para o curso 2024 / 2025, para o NOVO ALUMNADO de Educación Infantil e Educación Primaria, que OBTIVO PRAZA DEFINITIVA no noso centro. 

A solicitude de matrícula debe ser entregada debidamente cuberta no centro de forma presencial na secretaría do centro. (Anexo III)

 

Educación Infantil Anexo III
Educación Primaria Anexo III

 

Xunto ca solicitude (anexo III) é preciso aportar cuberto o documento de información complementaria:

Información complementaria

 

Así mesmo, é preciso xuntar a seguinte documentación:

 

●   1 fotografía tamaño carné (alumno/a)

●   Fotocopia da tarxeta sanitaria e fotocopia da cartilla de vacinacións

●   Certificado de convivencia - empadronamento.

●  DNI do neno/a ou fotocopia do libro de familia o análogo (páxinas do matrimonio e do/s fillos/as).

●   DNI dos proxenitores (ou análogos).

 

●  No caso optar a unha praza un neno/a con necesidades específicas de apoio educativo achegarase a documentación pertinente que xustifique dita necesidade.

●No caso de que os pais do neno/a que solicita praza no centro, estean divorciados deberase acompañar á solicitude a sentencia de divorcio. A solicitude deberá estar asinada polos dous cónxuxes (pai e nai aínda que estean divorciados).

● No caso de que o alumnado proveña doutro centro (Educación primaria), certificado de matrícula do centro onde estivo matriculado no curso 2023 /2024. 

 

HORARIO  PARA ENTREGAR  ÁS SOLICITUDES NO CENTRO.

 

DATAS E HORARIO DE ENTREGA

 

Do 2O e 30 de xuño

 

 

10:00 a 13:00h.

 

 

  

LIBROS DE TEXTO 2023/2024

PUBLICAMOS A LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO DE CARA Ó VINDEIRO CURSO. (Preme na imaxe para aceder ó documento).

CONVOCATORIA AXUDAS CONCELLO DE NOIA 2023/ 2024.

O Concello de Noia, ven de facer pública a convocatoría axudas de material escolar e comedor para vindeiro curso 2023/2024.

Dita convocatoria debe tramitarse directamente no propio Concello, ben presencialmente ou a través da sede electrónica.

https://noia.sedelectronica.gal/info.0

O prazo de presentación de solicitudes vai do 7 ó 27 de xuño do 2023.

Achegamos como adxunto a información facilitada polo CONCELLO.

 

EXPOSICIÓN ANIMALARIO INVENTADO

O alumnado do noso centro, convídavos a visitar a sorprendente exposición ANIMALARIO INVENTADO na Casa do Concello de Noia.

Podedes vistar este conxunto de obras desde o día 9 de xuño, data na que se inaugura, ata o 21 de xuño. Non dubidedes en achegarvos.

 

 

Publicación das listaxes definitivas admitidos

Hoxe día 15 de maio, procedemos a publicación nos taboleiros do centro das listaxes definitivas do alumnado, admitido e non admitido para o vindeiro curso 2023/2024.

O prazo de matrícula para o novo alumnado comprende do 20 ó 30 de xuño do 2023.

 

Atentamente, a dirección

Publicación de listaxes provisionais de admitidos curso 2023/2024

Hoxe día 25 de abril, procedemos a publicar nos taboleiros do centro a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2023/2024.

Na seguinte táboa podedes ver os prazos do procedemento de admisión. 

   
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

 

Atentamente, a dirección

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 - 2024

O mércores día 1 e ata o 20 de marzo procédese a apertura do prazo de solicitudes de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Os prazos establecidos no procedemento de admisión é o seguinte:

Presentación de solicitudes   Do 1 ó 20 de marzo
Publlicación de listaxes PROVISIONAIS de admitidos excluídos  25 de abril
Publicación de listaxes DEFINITIVAS 15 de maio
MATRÍCULA (en cada centro, unha vez admitido) 20 ó 30 de xuño

 

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admision alumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

ACCESO A PRESENTACIÓN ONLINE POR SEDE ELECTRÓNICA

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

 

PODEDES ATOPAR OS FORMULARIOS DE ADMISIÓN EN PDF AQUI 

 

Atte: O Equipo directivo

VACANTES CURSO 2023 / 2024

Publicación das vacantes previstas para o curso 2023 / 2024.

 

 

XORNADA DE PARKOUR E BREAKING (BREAKDANCE) - PARA O ALUMNADO DO CEIP ALEXANDRE RODRÍGUEZ CADARSO (A BARQUIÑA)

XORNADA DE PARKOUR E BREAKING (BREAKDANCE)

O mércores 8 de marzo de 2023, celebrarase no noso centro para todo o o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria que queira participar, unhas xornadas de Parkour e Breaking (Breakdance) desenvolvidas durante 2 horas con obradoiros de iniciación dirixidos por monitores especialistas, Rubis (GUP), bboy Retrokid (Compostela Breakers) e bboy Moncho (Vella Escola).

O horario será de 17:00 a 19:00 horas, aquelas familias que queiran participar, deberán levar e recoller ao alumnado participante neste horario.

INSCRICIÓNS: A inscrición á actividade é GRATUÍTA, desde o 16 de febreiro ó 5 de marzo. Realizarase exclusivamente no seguinte enlace por parte do pai/nai, titor/a ou persoa responsable. No caso de que unha persoa inscrita finalmente non poida acudir, solicitamos que o comunique no apartado do menú inicial "contacta con nós" para poder liberar esa praza.

Na realización das actividades, ademais dos monitores das actividades, estarán os mestres de ditos grupos.

ENLACE PARA A INSCRICIÓN

https://corresponsables.usc.gal/corresponsables/publica/actividad/grupo/ampliar.xhtml?idobjsel=537 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut