Skip to Content

CENTROS ADSCRITOS - RESERVA DE PRAZA CURSO 2024/2025

Ábrese o prazo de reserva de praza en centros adscritos para o curso 2024 / 2025.

Lembrade que, esta reserva é so para aquel alumnado que quere ou debe cambiar de centro por estar adscrito a outro centro, para continuar os seus estudos.

Para o noso centro: o alumnado de sexto curso que ten previsto matricularse no IES San Alberto.

 O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 15 de XANEIRO ata o 5 de FEBREIRO. Para facelo pódese escoller calquera das seguintes modalidades:

PRESENCIAL: Presentando a solicitude correspondente no centro educativo empregando o documento ED550A (anexo I e anexo I-bis). Anexo a esta entrada. (o podedes descargar na súa versión en galego ou castelán).

 

 Este documento debe ser cumplimentado, asinado e entregado no centro no horario de atención ao público, xunto coa documentación que se solicita, de ser o caso.

 IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10)

TELEMÁTICA: Así mesmo, pódese facer dita reserva de praza no seguinte enderezo da sede electrónica, co certificado dixital ou chave 365:

ENLACE Á RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE E. INFANTIL e PRIMARIA 

**NOTA ACLARATORIA:

O proceso de solicitude de praza de novo alumnado (4º de E.I./3 anos e outros cursos de nova incorporación) é un procedemento distinto do que informaremos puntualmente e que non comezará ata primeiros do mes de marzo.

Atentamente a dirección do centro.

Vacacións Nadal 203/2024

O equipo docente do noso centro quere desexar a toda a comunidade educativa unhas felices festas de Nadal.

Aproveitamos para sinalar que o periodo de vacacións será desde: o día 22 de decembro do 2023 ata o 7 de xaneiro do 2024 ambos incluídos.

Retornaremos ó centro o luns 8 de xaneiro do 2024.

 

Cross Escolar - XOGADE

Carreira Cross
Un ano máis o alumnado de 3,° a 6° de Primaria,participou na primeira xornada de Cross do programa Xogade que tivo lugar nas pistas de atletismo en Noia.

 

Este evento deportivo atrae cada ano a máis participantes convertíndose non só nunha simple carreira,senón nunha xornada de convivencia con rapaces e rapazas doutros centros da comarca.
Os nervios e a ilusión estivo presente dende os días previos á carreira, hai que recoñecer que temos uns alumnos e alumnas ben valentes! Felicidades por atrevervos a un novo reto e polo voso comportamento, foi de 10!!
A próxima, se o tempo o permite, será o 26 de xaneiro en Porto do Son.

 

Actividade Golf - CEIP P. ALEXANDRE R CADARSO

O pasado 15 e 16 de novembro o alumnado de 2º e 3º ciclo desfrutou dunha xornada de iniciación ao golf, organizada polo "Clube de golf Barbanza" no noso centro.

O alumnado, pasouno xenial nesta actividade e con moitas gañas de máis sesións e mellorar o seu swing!!

 

 

 

Formación medidadores/as escolares 2023.

Os nos@s mediadores remataron a formación que tiveron con Susana da Asociación Alicce.

Xa estamos preparad@s para retomar esta iniciativa que tan bos resultados acadou nos anos que estivo funcionando. Polo tanto, xa non queda nada poñer en marcha o Servizo de Mediación do noso centro.

   

SAMAÍN 2023

O pasado día 30 de outubro, celebramos no noso centro o Samaín.

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades que fixemos.

   
   
   

Visita á XXIV edición curtas Vila de Noia

O vindeiro venres 3 de novembro, o alumnado do noso centro se desprazará á Vila de Noia para visionar unha escolla de curtas, presentadas nesta edición do festival .

13 outubro día NON lectivo.

O motivo desta entrada é lembrar que, tal e como se establece na ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24. O noso centro solicitou como día NON lectivo o vindeiro venres 13/10/2023 (aprobado pola inspección educativa), tal e como se establece no artigo 7 de dita orde..

Polo tanto, voltaremos ó centro o luns día 16/10/2023 depois desta ponte.

Atentamente a dirección. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES Curso 2023 / 2024 - ANPA A BARQUIÑA

A ANPA A ABRQUIÑA informa sobre as actividades extraescolares que teñen preparadas para o curso 2023 /2024.

 

 

Todas as actividades extraescolares xestionadas desde a ANPA terán lugar no colexio, agás a actividade da piscina.

As prazas son limitadas en todas as actividades, polo que é preciso anortarse previamente para coñecer a demanda das mesmas entre as familias. AS PRAZAS OUTORGARANSE EN FUNCIÓN DA ORDE DE CHEGADA UNHA VEZ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN.


PARA ANOTARSE DEBERÁN ENVIAR UN CORREO ELECTRÓNICO A anpabarquina@gmail.com.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:
- Do VENRES 15 de setembro de 2023 as 00:00h (é decir, de xoves para venres) ata o 20 de setembro de 2023 ás 23:59h.

Tedes toda a información relativa ás actividades e a folla de inscrición nos adxuntos desta mensaxe.

 

Horario oficina. Curso 2023 / 2024

 

IMPORTANTE. Fora deste horario non será posible a atención o público, por estar os responsables desenvolvendo as súas tarefas docentes. O presente horario pode sufrir modificacións ó longo do curso. (2023_09_10)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut